sábado, 21 de mayo de 2011

En Monforte con Lois

O día 18 case todo o alumnado de 4º A ESO e dous alumnos de 4º B (Javier e Laura), ademais dun grupo de 1º BAC do IES Castro da uz de As Pontes, estivemos en Monforte pintando un grafitti nun muro que nos proporcionou moi amablemente o Concello, para conmemorar o día das Letras Galegas arredor do poeta monfortino Lois Pereiro.
Aquí está unha mostra do ben que nos quedou!!!!!!!! (Os astistas son Rubén Moledo -de As Pontes- e Manuel Grueiro -de Miño-; o resto miramos, animamos e fixemos un xogo de Pasapalabra con preguntas sobre a vida e a obra de Lois).
O día 19 fixemos unha preciosa ruta literaria por Monforte, acompañados por un guía que era como unha Enciclopedia de tanto como sabía, así que os que QUIXERON APRENDER, de seguro que o fixeron!!!

miércoles, 11 de mayo de 2011

Trinta aniversario da morte de Bob Marley



Hoxe cúmprense 30 anos da morte do rei do reggae, o xamaicano Bob Marley.

Escoita unha das súas marabillosas cancións: http://youtu.be/S5FCdx7Dn0o

DÍAS DA CIENCIA NA ESCOLA

A ciencia soe estar dentro das aulas, pero durante dous días estivo tamén nos vestíbulos e nos corredores do noso colexio. Os alumnos da ESO prepararon unha exposición cos seus traballos e diversos experimentos e, por quendas, o resto dos alumnos de Secundaria e os alumnos de Primaria escoitaron as súas explicacións, viron como se desenvolvían certos fenómenos físicos e aprenderon a convivir coa ciencia.
Os Departamentos de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía foron os encargados de poñer en marcha este proxecto.

miércoles, 13 de abril de 2011

XORNADAS PLAMBE 2011



Os días 7 e 8 de abril celebráronse en Santiago de Compostela as Xornadas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e alí estivo o noso cole, non só como membro integrante deste Plan, senón tamén para contar os proxectos de traballo que fixemos en cursos anteriores con respecto ás Bandas Deseñadas.

Ademais das mesas de experiencias arredor das bandas deseñadas e do cine, asistimos ás seguintes actividades:

Unha conferecia de Teresa Mañá e Mónica Baró, que falaron dun amplo e ben feito proxecto sobre a avaliación das bibliotecas.

Unha reunión das bibliotecas escolares pertencentes ao CEFORE da Coruña, donde intercambiamos impresións.

A conferencia de clausura das Xornadas a cargo de NEIRA VILAS, que foi unha auténtica delicia.



Para ver o que nos vimos, oír o que oímos e dispoñer do todo o material só hai que premer AQUÍ e entrar como CONVIDADO.

BOTADE UNHA OLLADA PORQUE É MOI INTERESANTE.

sábado, 2 de abril de 2011

Unha explicación sinxela sobre como funciona unha central nuclear



A partir do desastre ocorrido en Xapón moitos nos preguntamos que é unha central nuclear e como funciona.

Atopamos esta explicación que, aos que temos "lagoas" científicas, nos vén moi ben para enteirarnos de como vai isto das nucleares:

Na maioría dos casos, para xerar enerxía necesítase un alternador, unha turbina, algo que xira moi rápido e que produce electricidade, pero claro, para mover ese “algo” necesitamos proporcionarlle enerxía... así que hai que ter unha especie de caldeira onde conseguimos temperaturas altísimas e movemos turbinas a unha velocidade enorme que á súa vez moven un alternador.

A enerxía nuclear obtida nunha central nuclear baséase nun fenómeno denominado Fisión. Si realizamos unha fisión dentro dunha caldeira, a agua dentro da caldeira quéntase e así producimos vapor que canalizamos a unhas turbinas que á súa vez se moven e xeran electricidade. Despois ese vapor vai a unha torre de refrixeración onde se enfría e volta a comezar.

Mäis ou menos así é como funciona unha central nuclear de terceira xeración, aínda que actualmente xa se usan as centrais de cuarta xeración, din que máis seguras e eficientes cás antigas.

domingo, 20 de marzo de 2011

BICICLETA, CUCHARA, MANZANA

RECORDADE que este ano é o anos dos bosques, da química e do alzheimer. Pois... falemos un pouco desa enfermidade.
BICICLETA, CUCHARA, MANZANA, son as tres palabras que un enfermo de alzheimer (representados todos por Maragall neste documental) debe recordar...

Só con que pinchedes aquí xa entenderedes de que vai este mundo tan descoñecido aínda e polo que hai tanto que facer.

miércoles, 9 de marzo de 2011

UN ANTROIDO MOI (PRE)HISTÓRICO!

O noso antroido recolleu o tema do cole: A prehistoria e as primeiras civilizacións. Mestres e alumnos elaboraron os seus traxes e adornos, prepararon as súas esceas e fixeron un desfile cheo de cor, ledicia e bo facer. Parabéns!

martes, 8 de marzo de 2011

A muller esquecida: Clara Campoamor


No día da muller que se celebra hoxe, non podemos deixar de recordar a Clara Campoamor, a muller que defende e consegue o voto para a muller en 1931, época da II República en España.

Os discursos políticos para apoiar a tese de que as mulleres non debían votar pódense resumir nas palabras de Nóvoa Santos, quen afirmaba no ano 1931:

“A la mujer no la dominaban la reflexión y el espíritu crítico, se deja llevar siempre de la emoción, de todo aquello que habla a sus sentimientos; el histerismo no es una simple enfermedad, sino la propia estructura de la mujer”.


ÁS MULLERES,GRAZAS A ELA, QUÉDANOS O VOTO!!!

sábado, 5 de marzo de 2011

ENTROIDO


Pois outro ano máis para celebrar o noso Entroido. E outro ano máis que se disfrutou da festa, dos disfraces, das actuacións de todos os cursos (?) e da maxia destes días, aínda que -coma sempre tamén- ía un fríooooooooooo.........................

martes, 1 de marzo de 2011

EXPOSICIÓN: O xacemento arqueolóxico de Santa Comba


O 28 de febreiro de 2011 inaugurouse no CPI Castro Baxoi unha exposición sobre o xacemento arqueolóxico de Santa Comba, situado en San Martiño de Covas (Ferrol). Foi presentada aos alumnos de 3º e 4º da ESO polo presidente da Sociedade Cultural Columba, Xosé López Hermida.


Fixo a presentación do acto Antón Prego, profesor de debuxo no noso centro e presidente da Asociación Ardóbriga.
Este acto intégrase dentro do proxecto do noso centro DENDE AS CAVERNAS ÁS ESTRELAS, que no presente curso está dedicado á prehistoria e as primeiras civilizacións. Nos vindeiros días levaranse a cabo outras actividades relacionadas con este tema: unha conferencia dun arqueólogo e unha visita a un castro da zona.
[img] http://www.sinsopa.com/nautica/playas/fotos/playas_1826.jpg