Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de marzo de 2011

EXPOSICIÓN: O xacemento arqueolóxico de Santa Comba


O 28 de febreiro de 2011 inaugurouse no CPI Castro Baxoi unha exposición sobre o xacemento arqueolóxico de Santa Comba, situado en San Martiño de Covas (Ferrol). Foi presentada aos alumnos de 3º e 4º da ESO polo presidente da Sociedade Cultural Columba, Xosé López Hermida.


Fixo a presentación do acto Antón Prego, profesor de debuxo no noso centro e presidente da Asociación Ardóbriga.
Este acto intégrase dentro do proxecto do noso centro DENDE AS CAVERNAS ÁS ESTRELAS, que no presente curso está dedicado á prehistoria e as primeiras civilizacións. Nos vindeiros días levaranse a cabo outras actividades relacionadas con este tema: unha conferencia dun arqueólogo e unha visita a un castro da zona.
[img] http://www.sinsopa.com/nautica/playas/fotos/playas_1826.jpg

miércoles, 21 de abril de 2010

É NOS QUE LEMOS?

A exposición E NÓS QUE LEMOS? xa está montada no vestíbulo de Secundaria.
Alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria e case todos os de Secundaria, pais e nais, profesores e amigos recomendaron un libro e/ou falaron da súa relación coa lectura.
Temos, pois, unha selección de libros e autores extraordinaria e tamén unhas vivencias arredor do feito de ler que paga a pena ollar.
Acheguémenos ata estas fiestras ao interior de todos nós e disfrutemos do que outros tamén disfrutaron.

sábado, 20 de febrero de 2010

E NÓS QUE LEMOS?


Despois de ver a exposición "E ti que les?" que tivemos no cole durante uns meses, agora tócanos a nós contar cal é o noso libro preferido. Organizaremos unha exposición na que alumnos, familiares, profes e persoal non docente e persoas da vila escriban acerca dun libro que perdura no seu recordo. Haberá que acompañar o texto cunha fotografía persoal.
Animádevos! Cremos que resultará unha bonita exposición para colocar no noso vestíbulo.