martes, 1 de marzo de 2011

EXPOSICIÓN: O xacemento arqueolóxico de Santa Comba


O 28 de febreiro de 2011 inaugurouse no CPI Castro Baxoi unha exposición sobre o xacemento arqueolóxico de Santa Comba, situado en San Martiño de Covas (Ferrol). Foi presentada aos alumnos de 3º e 4º da ESO polo presidente da Sociedade Cultural Columba, Xosé López Hermida.


Fixo a presentación do acto Antón Prego, profesor de debuxo no noso centro e presidente da Asociación Ardóbriga.
Este acto intégrase dentro do proxecto do noso centro DENDE AS CAVERNAS ÁS ESTRELAS, que no presente curso está dedicado á prehistoria e as primeiras civilizacións. Nos vindeiros días levaranse a cabo outras actividades relacionadas con este tema: unha conferencia dun arqueólogo e unha visita a un castro da zona.
[img] http://www.sinsopa.com/nautica/playas/fotos/playas_1826.jpg

4 comentarios:

Juan Picos dijo...

Moi interesante e chula a charla.
Penso que ten razón e temos que concienciarnos máis en coidar o noso entorno e se cadra fixarnos un pouco máis no que nos rodea.

carlos jeria dijo...

estivo moi interesante aquela charla

Adrián dijo...

eu estou con Juan, moi chula a verdade aprendimos novas cousas.

un saudo!

Fer López dijo...

sisi pero creo que o mellor é que nos leven a ver o castro...