miércoles, 13 de abril de 2011
XORNADAS PLAMBE 2011
Os días 7 e 8 de abril celebráronse en Santiago de Compostela as Xornadas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e alí estivo o noso cole, non só como membro integrante deste Plan, senón tamén para contar os proxectos de traballo que fixemos en cursos anteriores con respecto ás Bandas Deseñadas.
Ademais das mesas de experiencias arredor das bandas deseñadas e do cine, asistimos ás seguintes actividades:
Unha conferecia de Teresa Mañá e Mónica Baró, que falaron dun amplo e ben feito proxecto sobre a avaliación das bibliotecas.
Unha reunión das bibliotecas escolares pertencentes ao CEFORE da Coruña, donde intercambiamos impresións.
A conferencia de clausura das Xornadas a cargo de NEIRA VILAS, que foi unha auténtica delicia.
Para ver o que nos vimos, oír o que oímos e dispoñer do todo o material só hai que premer AQUÍ e entrar como CONVIDADO.
BOTADE UNHA OLLADA PORQUE É MOI INTERESANTE.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Cousas moi interesantes pero horas de lectura!!! Entrei directamente a escoitar a Neira Vilas, autor dunha das miñas primeiras lecturas en galego: "Eu son Balbino, un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén"... Hai experiencias chulas e, sobre todo, moito traballo e ilusión.
Publicar un comentario