A ciencia soe estar dentro das aulas, pero durante dous días estivo tamén nos vestíbulos e nos corredores do noso colexio. Os alumnos da ESO prepararon unha exposición cos seus traballos e diversos experimentos e, por quendas, o resto dos alumnos de Secundaria e os alumnos de Primaria escoitaron as súas explicacións, viron como se desenvolvían certos fenómenos físicos e aprenderon a convivir coa ciencia.
Os Departamentos de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía foron os encargados de poñer en marcha este proxecto.
1 comentario:
A verdade é que o pasamos moi ben, perdemos clase e o máis importante, APRENDEMOS MOITO!!
Publicar un comentario