viernes, 25 de febrero de 2011

As mulleres sosteñen a metade do ceo (Mao Tsé Tung)

Hoxe os de 4º ESO comentámosvos un libro de Nicholas Kristof e a súa muller Sheryl WuDum: A metade do ceo: como cambiar opresión en oportunidade para as mulleres do mundo. Con el pretenden cambiar a dinámica e o paradigma da loita a favor das mulleres.

Falan no libro da discriminación de xénero máis dura e escandalosa: aquela que se leva por diante a vida de millóns de mulleres. Sabemos que 100.000.000 de mulleres “desapareceron”, é dicir, naceron e deberían estar vivas, pero NON O ESTÁN porque MORRERON ANTES DE TEMPO.

Como é posible, por exemplo, que non sexa noticia que 100.000 nenas chinesas sexan secuestradas cada ano para instalalas en burdeis? Ou que centenares de miles de mulleres sufran a fístula obstétrica sen que a súa erradicación sexa unha prioridade da Organización Mundial da Saúde? (Preto de 1.500.000 mulleres –só en África- padecen o resultado do abandono no momento do parto).

¿CANDO CHEGARÁ A HORA DA VIDA PARA ESES millóns de MULLERES?
Agora imos cos comentarios. Comezamos nós, pero seguide ... Gustaranos ler o que opinades sobre este libro que tanto nos impactou!

martes, 8 de febrero de 2011

Gañadores do concurso amoroso


Os gañadores do concurso de cartas de amor que organizamos no cole para festexar a Candeloria son:

5º PRIMARIA: Paula Míguez

6º PRIMARIA: Meliza Polanco

1º ESO: Helena Fernández

2º ESO: Ángela Alage

3º ESO: Laura Lorenzo e Kathy Sagarduy

4º ESO: Juan Andrés Campos e Silvia Blanco



PARABÉNS A TODOS-AS por esas cartas tan chulas!




sábado, 5 de febrero de 2011

Libros para comer

Como este ano é o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, imos falar un pouco de cociña e de libros (xa sabedes que Cunqueiro foi un gran gastrónomo e que lle encantaban os pexegos dun xeito especial a partires de que soubo que esa froita chegara dende Oriente nos petos duns soldados cautivos). Pois en Galicia, terra de "prato grande e de trago longo", foron seleccionadas 11 obras gastronómicas para competir na final de París dos premios "Gourmand", considerados os galardóns máis importantes do sector. Os 11 libros, por se queredes "paladealos", son:
-A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos), de Xavier Castro

-Guía secreta da gastronomía de Galicia-Ourense (Alvarellos) e O Barquilleiro, vendedor de olvido (Toxosoutos), de Martín Álvarez

-Larpeiros (Everest), de Benigno Campos

-Santiago(É)tapas (Baía) e A cociña do mar (Baía), de Mariona Quadrada

-Nicolás cocina sin fuego (Kalandraka), unha liña especial para nenos con autismo

-No país das vacas, (Xerais), de Xurxo Lobato

-Castaña, patrimonio gastronómico, do restaurante A Rexidora

-Outra obra do Restaurante Caney

SORTE NO CONCURSO!

martes, 1 de febrero de 2011

Morreu John Barry

O xenial compositor da música de pelis como: Axente 007, Titanic, Bailando con lobos, Nacida libre...
Premede e voade por riba do continente como Robert Redford e Meryl Streep en MEMORIAS DE ÁFRICA, escoitando a súa marabillosa música. Nese enlace tamén podedes escoitar máis temas doutros filmes cinematográficos.