domingo, 22 de abril de 2012

DÍA DA TERRA





                                                      Presentación de Google para o día da Terra


O Día da Tierra é un día celebrado en moitos países o 22 de abril. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común ante os problemas da superpoboación, a producción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

domingo, 25 de marzo de 2012

Colm Tóibín, Eduardo Mendoza e Xulia Alonso reciben en Santiago o premio San Clemente

O escritor irlandés Colm Toíbín na modalidade de narrativa estranxeira coa novela Brooklyn; Eduardo Mendoza, en novela española, por Riña de gatos, obra coa que gañou o premio Planeta; e Xulia Alonso, en literatura galega, por Futuro perfecto, recibiron os premios San Clemente. O galardón, convocado polo instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, foilles adxudicado por un xurado de estudantes de bacharelato de cinco centros galegos, un portugués e outro de Madrid.





jueves, 8 de marzo de 2012

Hoxe, 8 de marzo, DÍA DA MULLER

Hoxe é o día da MULLER, así que imos recordar a Aayat Al-Qormozi, entre outras moitas mulleres que loitaron contra as inxustizas.


Aayat (poetisa de Barhéim) foi detida, condeada, torturada e ameazada por ler en público un poema que comezaba así:

“Somos o pobo que matará a humillación e asasinará a miseria. Non oes os seus berros, os seus alaridos?”.

Foron os versos da Primavera árabe, que pedían reformas en Bahréim, Exipto, Túnez, Iemen, Siria…

domingo, 19 de febrero de 2012

martes, 7 de febrero de 2012

Tamén fomos a un museo

Ese mesmo día do que vos falamos na entrada anterior, tamén visitamos o museo de Belas Artes, que está moi próximo á Cociña Económica. Fixemos a foto común, na entrada, e despois dividímonos en dous grupos para ir vendo os catro pisos do museo. Dentro xa, vimos no vestíbulo un xigante de madeira que parece vixiar cos seus ollos azuis todo o museo;  unha sala dedicada aos gravados de Goya; salas de pintura dos séculos XVIII, XIX e tamén a máis actual do S.XX. O que máis nos chamou a atención a case todos foron os cadros de Lugrís e un de Picasso, ademais dalgúns de Seoane, e unha rapaciña tallada  a partir dun tronco de carballo. Foi especial tamén unha escultura en madeira de Paco Pestana que parecía representar un peixe serra coas ondas do mar e que, ao xirala, tiña un son similar aos berros dos golfiños.
Despois, volta a casa

sábado, 4 de febrero de 2012

EXCURSIÓN Á CORUÑA

Onte, 4ºA, 4º B e  3ºPDC (ESO) viaxamos ata A CORUÑA, realizando unha actividade organizada por Flor, a profe de Sociais. Fixemos unha visita á cociña económica e... todos voltamos moi impactados co que vimos, oímos e sentimos. Levamos o recollido durante uns días no cole: aceite, produtos de aseo, azucre... e quedamos en volver con novas cousas que lles virán moi ben: libros e xoguetes concretamente. Así que hai que ir preparándose para achegarlles o que necesitan xa que en verdade hai moitas persoas que carecen absolutamente de todo nestes momentos.

Coincidimos, ao saír, coa cola que se forma ás 11 h. da mañá, que é a daquelas persoas que van buscar a comida para levala ás súas casas e o que máis nos sorprendeu a todos foi pensar que alí poderiamos estar calquera de nós.

Algúns datos rápidos:

-É a máis antiga de Galicia (xa leva 125 de anos, como din eles, "alimentando esperanzas") e a única de España financiada de forma privada.


-Cada día reparten 600 racións e conta con servicio de ducha e lavandería.

 -O novo perfil de usuarios hoxe en día son familias, homes que viven sós e xoves desempregados.


Sairá un artigo na nosa revista escolar para non esquecernos e tamén falaremos das outras cousas que fixemos ese día. De momento, neste blog só iso, para non mesturar, xa que o tema ben merece unha reflexión seria.

viernes, 27 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

O luns 30 vémonos todos no patio do cole. Haberá bailes, música, desexos e moitas grullas (que enviaremos ao Museo da Paz de Hiroshima) para celebrar o día.
Leremos un texto coa historia de Sadako Sasaki, a nena morta en Hiroshima a causa dos efectos da bomba atómica e o alumnado de 4º A colgará un MANIFESTO POLA PAZ.
E tamén teremos unha xornalista (Lucía, El Ideal Gallego) connosco para contar todo isto.

jueves, 19 de enero de 2012

CHEGARON Á ANTÁRTIDA

Como seguimos o inicio da súa viaxe, contámosvos agora o final:
Ramón Larramendi e os seus compañeiros chegaron o día 1 de xaneiro á Antártida no seu catamarán!!!

sábado, 31 de diciembre de 2011

Feliz aninovo!

Estamos a piques de rematar o 2011!!! Non esquezades entrar co pé dereito no aninovo!!! ou sexa: levantade o pé esquerdo mentres soan as 12 badaladas!!!
DESEXOS DE PAZ, HARMONÍA, SAÜDE E FELICIDADE para todos-as!

lunes, 19 de diciembre de 2011

IN TIME

Se vos apetece ir ao cine este Nadal, aproveitade para ver esta peli moi recomendable: IN TIME



Xénero:Suspense


Clasificación:Non recomendada menores de 12 anos


Estreno: 2 de decembro de 2011


Director: Andrew Niccol

Guión: Andrew Niccol


Música: Craig Armstrong

Fotografía: Roger Deakins

Intérpretes:Justin Timberlake (Will Salas), Johnny Galecki (Borel), Cillian Murphy (Raymond Leon), Amanda Seyfried (Sylvia Weis), Matt Bomer (Henry Hamilton), Olivia Wilde (Rachel Salas), Alex Pettyfer (Fortis).


SINOPSE:
Nun futuro próximo, a sociedade non envellece xa que se conseguiu alterar o xen que provoca o deterioro físico. Prodúcese unha superpoboación alarmante, co que se decide que o teempo de vida se compre con cartos.

domingo, 11 de diciembre de 2011

ANTÁRTIDA, un continente sen dono



Hai 100 anos, Amundsen chegou por primeira vez á Antártida. Saíu con 4 trineos e 56 cans  camiño do continente xeado.  E chegaba por fin o 14 de decembro de 1911, con menos homes, menos cans e menos trineos, ao Polo sur ( latitude 90º S.).

HOXE, unha nova expedición comeza o mesmo percorrido. Desta volta trátase de Ramón Larramendi cun catamarán: unha especie de enorme trineo cunha vela de 40 m. que se desliza (exclusivamente grazas ao vento!!!) sobre o xeo da Antártida. Están aínda a 2.000 km. deses 90º Sur e contan facer uns 100 km. diarios, polo que non chegarán ao seu destino ata case dentro dun mes, se todo marcha ben. A dificultade é enorme xa que as temperaturas acadan os -25º e os ventos poden ser ata de 300 km./h.

HABERÁ QUE SEGUIR A EXPEDICIÓN CON INTERÉS!!! Non vos parece?

Continentes que limitan coa Antártida

                                                               Habitantes do país de xeo

   Así é vista dende o ceo

martes, 22 de noviembre de 2011

Visita á Torre de Hércules

MIRADE COMO QUEDOU O PARAUGAS DE SERXIO!

Ben, molladiños como pitos, chegamos da excursión á Coruña que foi moi divertida. Primeiro quixemos ir ao Monte de San Pedro pero como o persoal non se responsabilizaba da nosa morte a causa do vento e da choiva, non nos deixaron entrar.



Despois fomos á Torre de Hércules, onde non morremos de milagre: un vento terrible, un mar precioso, aínda que moi picado, e como non! caían chuzos de punta!!!!!!!!!!!!! E claro, como aínda quedaba tempo e non podiamos pasear e as profes querían cambiar de roupa... pois fomos ata EspacioCORUÑA, onde estivemos un bo tempo ao noso aire!



Foi unha das mellores excursións e un posible programa titulado: "O último supervivinte: como saír seco da Torre de Hércules"!!!






Andrea Piñeiro.

lunes, 14 de noviembre de 2011

CONGRESO BIBLIOTECAS ESCOLARES EN TRÁNSITO

O noso cole estivo presente no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito que se celebrou en Santiago de Compostela durante os días 10, 11 e 12 de novembro. Poñentes de recoñecido prestixio, mestres, profesores e representantes das administracións educativas das diferentes comunicades autónomas tivemos a oportunidade de compartir experiencias arredor das bibliotecas e do seu papel na escola. Falouse da importancia da lectura, da escritura, da comunicación oral. Falouse das novas tecnoloxías e da necesidade de incorporalas ao proceso de ensino-aprendizaxe. Falouse dos cambios que se están a producir no xeito de aprender dos nosos alumnos e das reaccións pedagóxicas que estamos obrigados a propiciar en canto a estratexias, metodoloxías, ferramentas, etc. Falouse das bibliotecas en tránsito porque estamos nun momento de transformacións vertixionosas provocadas polas novas tecnoloxías. Falouse tamén do camiño que ten que percorrer a escola para formar aos cidadáns desta nova etapa histórica na que a información, toda a información, está ao alcance dun clic e resulta imprescindible saber buscala, seleccionala e analizala con espíritu crítico para elaborar teses propias e argumentalas axeitadamente. Falouse moito e moi ben de que nos interesa como pais e nais, como mestres e profesores, como cidadáns.

Bibliotecas en tránsito e escolas en tránsito porque a sociedade tamén está cambiando. Esta é, cremos, unha das conclusións deste Congreso no que compartimos medos e reticencias, pero tamén gañas de traballar e ilusión ante os novos retos.





domingo, 30 de octubre de 2011

Hoxe é un día triste



Si, porque hoxe morreu -mellor dito, matárono- o DERRADEIRO rinoceronte de Java en Vietnam.
Así que, a partir de agora, só o poderemos ver así. E se seguimos polo mesmo camiño, pronto haberá outras moitas especies que serán un simple recordo.



sábado, 8 de octubre de 2011

NOVO CURSO



Dámosvos a todos-as a BENVIDA a este novo curso que esperamos sexa do voso agrado e utilidade. :-)



Comezamos con novas entradas no blog e esperamos os vosos comentarios e tamén as vosas entradas cos temas que vos interese compartir. Só tedes que envialas por correo-e e encargarémonos de subilas rapidamente.



Veña!

miércoles, 29 de junio de 2011

BO VERÁN !


Que teñades TODOS e TODAS (pais, nais, profes e profas, familiares, membros da comunidade escolar e todo o alumnado do CPI Castro Baxoi) un BO BO BO VERÁN!
Ata setembro!!!

miércoles, 22 de junio de 2011

Snif!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Outra vez unhas bágoas... Desta volta vanse os "nosos" pequenos de 4ºA e 4ºB cos que tivemos os "nosos máis e os nosos menos", pero... aos que tamén imos botar de menos, como non!!! Unha xeración máis que nos deixa!
A todos eles, dende este blog:
MOITA, MOITA, MOITA SORTE, corazóns!
E ata sempre porque xa sabedes onde estamos!

lunes, 20 de junio de 2011

Unha hora co NIQAB


Na clase de Ética puxen o niqab durante unha hora. Sénteste atrapada, sen liberdade, incómoda... Non só che cobre case toda a cara, tamén tapa o pescozo e apreixa a cabeza. A visión é moi limitada, ao igual cá respiración que, aínda que chegue, sentes unha especie de agobio.
As actividades cotiás non se realizan ben xa que non se poden empregar os sentidos na súa totalidade xa que o niqab condiciona todo: vista, olfacto, gusto...
No verán supoño que será todo peor: a cor negra, o tecido, axudarán a que todas esas sensacións se multipliquen e se fagan máis insufribles.
É realmente desolador pensar que hai mulleres que o levan constantemente, cada vez que saen á rúa. Eu non podería vivir con el! E pregúntome: sería capaz de acostumarme se a miña cultura me forzase a levalo? Non o sei... pero dende logo dou grazas por vivir onde vivo porque a nosa situación, a situación da muller española, é realmente boa se facemos comparacións!!!
Que contenta estou de ter nacido onde nacín, de vivir onde vivo...

Silvia Blanco.