lunes, 20 de junio de 2011

Unha hora co NIQAB


Na clase de Ética puxen o niqab durante unha hora. Sénteste atrapada, sen liberdade, incómoda... Non só che cobre case toda a cara, tamén tapa o pescozo e apreixa a cabeza. A visión é moi limitada, ao igual cá respiración que, aínda que chegue, sentes unha especie de agobio.
As actividades cotiás non se realizan ben xa que non se poden empregar os sentidos na súa totalidade xa que o niqab condiciona todo: vista, olfacto, gusto...
No verán supoño que será todo peor: a cor negra, o tecido, axudarán a que todas esas sensacións se multipliquen e se fagan máis insufribles.
É realmente desolador pensar que hai mulleres que o levan constantemente, cada vez que saen á rúa. Eu non podería vivir con el! E pregúntome: sería capaz de acostumarme se a miña cultura me forzase a levalo? Non o sei... pero dende logo dou grazas por vivir onde vivo porque a nosa situación, a situación da muller española, é realmente boa se facemos comparacións!!!
Que contenta estou de ter nacido onde nacín, de vivir onde vivo...

Silvia Blanco.

No hay comentarios: