martes, 22 de noviembre de 2011

Visita á Torre de Hércules

MIRADE COMO QUEDOU O PARAUGAS DE SERXIO!

Ben, molladiños como pitos, chegamos da excursión á Coruña que foi moi divertida. Primeiro quixemos ir ao Monte de San Pedro pero como o persoal non se responsabilizaba da nosa morte a causa do vento e da choiva, non nos deixaron entrar.



Despois fomos á Torre de Hércules, onde non morremos de milagre: un vento terrible, un mar precioso, aínda que moi picado, e como non! caían chuzos de punta!!!!!!!!!!!!! E claro, como aínda quedaba tempo e non podiamos pasear e as profes querían cambiar de roupa... pois fomos ata EspacioCORUÑA, onde estivemos un bo tempo ao noso aire!



Foi unha das mellores excursións e un posible programa titulado: "O último supervivinte: como saír seco da Torre de Hércules"!!!






Andrea Piñeiro.

2 comentarios:

Begoña dijo...

A min persoalmente encantoume ir ese día con ese mar tan bravo, o vento tolo e a choiva de diluvio! Nunca vira así a Torre e os seus arredores.

Andrea Piñeiro dijo...

Pois si, sobre todo o vento e a choiva que non foron frouxos precisamente!!! Chegamos que nin que foramos pescar!!! :)