jueves, 9 de junio de 2011

O lugar da lectura

Para celebrar o Día do Libro e o Día das Letras Galegas, os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria traballaron nas aulas o poema co que Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares.

Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.

A proposta de traballo que fixo a Biblioteca foi a seguinte:
Ler e comentar o poema
Crear a partir do poema:
-Infantil: relacionar imaxes e palabras, colorear e debuxar
-Primaria: ler o poema, comentalo, aprendelo e ilustralo
-Secundaria: ler o poema, comentalo e continualo (un verso por alumno, un poema por clase)
Expoñer os traballos
Encadernar os traballos para deixalos na biblioteca

A participación do alumnado foi elevada e as súas creacións preciosas: as ilustracións están cheas de cor e imaxinación e os poemas, de sensibilidade e fermosas imaxes.



Premede AQUÍ para ler os poemas.

No hay comentarios: