Como este ano é o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, imos falar un pouco de cociña e de libros (xa sabedes que Cunqueiro foi un gran gastrónomo e que lle encantaban os pexegos dun xeito especial a partires de que soubo que esa froita chegara dende Oriente nos petos duns soldados cautivos). Pois en Galicia, terra de "prato grande e de trago longo", foron seleccionadas 11 obras gastronómicas para competir na final de París dos premios "Gourmand", considerados os galardóns máis importantes do sector. Os 11 libros, por se queredes "paladealos", son:
-A rosa do viño (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos), de Xavier Castro
-Guía secreta da gastronomía de Galicia-Ourense (Alvarellos) e O Barquilleiro, vendedor de olvido (Toxosoutos), de Martín Álvarez
-Larpeiros (Everest), de Benigno Campos
-Santiago(É)tapas (Baía) e A cociña do mar (Baía), de Mariona Quadrada
-Nicolás cocina sin fuego (Kalandraka), unha liña especial para nenos con autismo
-No país das vacas, (Xerais), de Xurxo Lobato
-Castaña, patrimonio gastronómico, do restaurante A Rexidora
-Outra obra do Restaurante Caney

SORTE NO CONCURSO!
6 comentarios:
¿Sorte a quen? A sorte dun, será a desgraza doutros, non? :-)
Buenooooooo... tanto como desgraza!!!
Sorte a un, claro, que será o gañador e a ser posible sorte a un dos "nosos once". Os demais... cando se presentan xa saben o que hai, non? :-)
Tes un nome ben feo...
Libros gastronómicos compitiendo? Un pouco estraño, jaja.
Aquí tes o meu comentario Bego :)
Un bico.
É interesante tamén "A cociña do Merlín", de Miguel Vila Pernas: un libriño super cunqueiriano.
Haberá que ler algún, co que me gusta a min iso de comer..
Pois quen o diría, Juanito...
Publicar un comentario