viernes, 25 de febrero de 2011

As mulleres sosteñen a metade do ceo (Mao Tsé Tung)

Hoxe os de 4º ESO comentámosvos un libro de Nicholas Kristof e a súa muller Sheryl WuDum: A metade do ceo: como cambiar opresión en oportunidade para as mulleres do mundo. Con el pretenden cambiar a dinámica e o paradigma da loita a favor das mulleres.

Falan no libro da discriminación de xénero máis dura e escandalosa: aquela que se leva por diante a vida de millóns de mulleres. Sabemos que 100.000.000 de mulleres “desapareceron”, é dicir, naceron e deberían estar vivas, pero NON O ESTÁN porque MORRERON ANTES DE TEMPO.

Como é posible, por exemplo, que non sexa noticia que 100.000 nenas chinesas sexan secuestradas cada ano para instalalas en burdeis? Ou que centenares de miles de mulleres sufran a fístula obstétrica sen que a súa erradicación sexa unha prioridade da Organización Mundial da Saúde? (Preto de 1.500.000 mulleres –só en África- padecen o resultado do abandono no momento do parto).

¿CANDO CHEGARÁ A HORA DA VIDA PARA ESES millóns de MULLERES?
Agora imos cos comentarios. Comezamos nós, pero seguide ... Gustaranos ler o que opinades sobre este libro que tanto nos impactou!

15 comentarios:

Silvia Blanco dijo...

Todos os datos son impresionantes e parecen incribles. Cen millóns de nenas afastadas das súas familias... e para que!!! Centenares de miles de mulleres afastadas da sociedade, rexeitadas polas súas familias e os seus homes por culpa dun mal parto!!! E que facemos para impedir isto? QUE?
Por que son datos que non saen á luz?
Causa pánico!

Patricia Freire dijo...

Isto non é normal. É impensable que vivindo no mundo que vivimos aínda sucedan estas cousas.

Diego López dijo...

Vivimos nun século con avances tecnolóxicos, económicos, materiais... pero non se avanza nada contra a violencia de xénero, para solucionar os problemas das mulleres no terceiro mundo...

Irene Valiño dijo...

Mentres que nós, no noso primeiro mundo, temos todas as comodidades ao noso alcance, noutras partes do mundo pasan estas auténticas barbaridades.

Carla Rivera dijo...

Non é normal que neste primeiro mundo as mulleres sexamos atendidas nos partos sen problemas, mentres noutras partes hai millóns de mulleres que por non ser atendidas sufren de fístula obstétrica, algo moi cruel. Debemos consentir iso?

Nerea López dijo...

Nós témolo todo: facilidades, apoio, cartos, axuda... e aínda así QUEIXÁMONOS por todo, nada nos vale, nada nos parece ben... Poñámonos a pensar nas mulleres doutros países, nas súas miserias e enfermidades, moitas delas superables con só algo de atención sanitaria. E non nos queixemos por gusto!

Manuel Grueiro dijo...

Non sei como nos atrevemos a queixarnos sabendo que no 3º mundo sufren tantas mulleres de tantas enfermidades curables, tantas e tan graves que non se poden nin mencionar.
Sinto que temos as mans atadas e que só todos xuntos poderémolas desatar.

Alex Pérez dijo...

Neste mundo fálase de descubrimentos, de novas construcións, da crise, do paro... Non digo que non sexan cousas importantes, pero creo que nos estamos esquecendo de algo moi importante, algo que separa o mundo: a desigualdade, a discriminación das mulleres. Só queremos esquecer que hai 100.000.000 mulleres "que desaparecen" antes de tempo, que as obrigan a prostituírse, que son rexeitadas pola fístula obstétrica... que... que... que...

Begoña dijo...

Pois si, todos-as tedes moita razón no que dicides, pero ... espero que non se quede só en fermosas palabras, en pensamentos duns minutos... Isto e moitas cousas máis das que suceden no mundo hai que recordalas SEMPRE para agradecer (a quen vos decidades facelo) a sorte que moitos-as tivemos.

Juan Picos dijo...

Falta o meu Begoña, que está claro que non todos os compañeiros entrron no blog para comentar...
Escribe o meu!!

Begoña dijo...

Juan: se non tivese que "mergullarme" na túa letra para entender os teus textos feitos ás présas... estaría subido o teu comentario. Pero como xa estou cansa diso... pois desta volta non subirá... a non ser que me anime e me pase o cabreo... jejejee...

Begoña dijo...

Juan: Como din Patri e Alex, son moi fácil de contentar... así que veña, aí vai o que "puiden rescatar" das túas palabras escritas... Vai.

Juan Picos dijo...

En África moitas mulleres sofren desnutrición, abandono e serios problemas á hora do parto por non ser ben atendidas. Neste libro vese todo iso, non só a discriminación no primeiro mundo senón tamén os gravísimos problemas das mulleres no chamado terceiro mundo.

Anónimo dijo...

Moi ben Bego. Ves? non era tan difícil.

Begoña dijo...

Non, claro que non, Juan. Os xeroglíficos, cando os acertas e averiguas, tampouco non son difíciles... claro, o caso é ter tempo, ganas, ánimo... pero HAI QUE TELOS e iso non sempre sucede nin paga a pena, ou sexa que ... TOMA NOTA porque xa vos dixen o outro día que é ben triste ter que aprender a base de labazadas!!!