sábado, 23 de enero de 2010
XENTE BOA
Pedro Cavadas (Valencia, 1965), é un ciruxano reparador e reconstrutivo, autor do primeiro transplante de cara da medicina española. Tamén reimplantou mans, converteu un brazo dereito en esquerdo, salvou unha man coséndoa durante nove días á perna do paciente...
África cambiou a súa vida.
El non oculta o seu pasado “pijo”, de condutor de 'Porsche' polas avenidas de Valencia. Pero, asegura, unha visita a África cambiouno para sempre. Decidiu viaxar a Kenia para «facer turismo de adrenalina, coa idea de salvar uns cantos negriños e volver a casa contento». Pero... o que viu alí alterou todo. «O mundo real está en África. Alí as peores feras son as persoas. As liortas por un pozo de auga resólvense a tiros ou a machetazos», di.
Cavadas renunciou ao luxo, vendeu o seu deportivo, enviou os cartos a Kenia e creou unha fundación en Valencia para tratar a persoas con poucos recursos. «Ninguén que requira de min un tratamento vai quedar sen el por falta de cartos», asegura.
E todos os anos volve a Kenia, onde pasa longas tempadas reconstruíndo corpos.
Le a entrevista, gustarache.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario