lunes, 25 de enero de 2010

Día da PAZ


O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. No cole plantaremos a oliveira que compramos entre todos e arredor dela colocaremos todos os traballos que se están a realizar nas aulas durante estas semanas: lemas, pedras pintadas, postais para os nenos ex soldado, carteis, raps... E un precioso manifesto feito polos alumnos de 3º ESO:

MANIFESTO POLA PAZ

PROTESTAMOS POR:
As guerras, as inxustizas do mundo, protestamos pola xente que lle fai dano aos demais, polos programas violentos de TV, pola sociedade agresiva, polos maltratos que sofren os nenos e as mulleres, polo racismo, polo machismo, pola xenofobia, polas existencia de enfermidades que se poderían curar, pola fame, polo analfabetismo, polas discusións dos políticos que non levan a ningunha parte; pola falla de hospitais e escolas en moitas partes do mundo, polo estado de benestar que nos impide ver as traxedias que hai, polo egoísmo, pola indiferenza...

DESEXAMOS QUE:
Se destrúan todas as armas do mundo e non se derroche máis diñeiro en loitas e guerras, que se constrúan hospitais, escolas e estradas; que a xente teña dereito á sanidade gratuita; que nos ensinen dende pequenos a facer o ben e a pensar nos demais; que a pomba deixe o seu espírito nos corazóns de todas as persoas. DESEXAMOS amor, amizade,sorrisas,apertas, bicos, aloumiños ...


POR TODO ISTO: PEDIMOS, non! mellor ESIXIMOS!!! que todos nos impliquemos en conseguir o que desexamos e acabar dunha maldita vez co que protestamos.

Texto básico: Juan Picos, Manuel Amado, Adrián Ramos e Fernando López.
Colaboradores: todo o curso de 3ºA

No hay comentarios: