miércoles, 22 de diciembre de 2010

II CONCURSO DE PANXOLIÑAS

Onte, no Centro social de Miño, os alumnos de Secundaria participaron no Segundo concurso de panxoliñas, organizado pola profesora de música Patricia Cubillo. Foi iun día moi axetreado; houbo moitos nervios por parte dos participantes xa que tiveron que organizar o espectáculo, instrumentar etc.
O programa foi o seguinte:
·2ºB: Versionando unha das cancións da banda sonora de Titanic, My hearth will go on, de Celine Dion, Viaje hacia el Amor. Recibiron a mención á mellor instrumentación.
·2ºA: Versionando a canción de Michael Jackson Heal the World, Recuerda la Navidad. Recibiron a mención ó mellor conxunto vocal.
·3ºA: Versionando a canción de Michael Jackson e outros We are the World, La Luz que nos Ilumina. Recibiron a mención á mellor posta en escea.
·3ºB: Versionando a canción de Scorpions, Rock you like a Hurricane, Rock in Navidad. Recibiron a mención á letra máis orixinal.
·4ºA e B: Versionando a canción de Bisbal e K'naan, Wavin'0 Flag, Unidos en Navidad. FORON OS GAÑADOREES!

Esperamos que para o ano isto se repita, e mellor!



Nota: Imaxe obtida de google (www.maristasvigo.es)

12 comentarios:

Carlos Bouza dijo...

A verdade é que ao final quedou moi ben, foi máis xente da que eu pensaba, e as actuacións quedaron bastante mellor ca nos ensaios

Noelia R. Seijas dijo...

No concurso de panxoliñas choveron moitos pais e avós, que deron ánimos ós participantes.
Tamém moitas foron as críticas dos pais para a mestra de Música por actuar cos rapaces(agás con 3º B).
Onde está o mérito? No piano de Patricia ou na nosa creatividade?
Eu penso que houbo "tongo" na canción gañadora.

Sara Vázquez dijo...

Despois de tanto traballo e tantos rogos aos profesores para que nos deixaran ensaiar as panxoliñas, quedaron moi ben e penso que o publico disfrutou moito.

Irene T. dijo...

Eu penso que ó final despois de tanto traballo e esforzo, ben como di sara, pedindolle ós profes para ensaiar, o fin e o cabo quedou bastante millor do que eu pensaba. Tanto como tongo, eu creo que non, pero o que si e que no estivo moi ben xa que parecíase moito a orixinal, pero bueno a decisión do xurado foi así. E polos menos alégrome de que 3ºB este ano gañara algo! Ainda que os outros cursos tamen o fixeron.

Iván dijo...

Estou de acordo, ao final quedou moito mellor do que a xente pensaba pero tamén é certo que houbo algo de "tongo" na canción gañadora posto que a letra era case igual á orixinal, pero bueno polo menos pasámolo ben e a xente quedou contenta.

Carlos Martínez dijo...

Non quedou nada mal, puido ser moito peor!!

Unknown dijo...

eu non participai no concurso directamente, dado que tiven que estar recollendo os cartos das entradas para poder ir a excursión a madrid, ainda asi teño que dicir que estivestes todos mellor do que me experaba eu, felicidades a todos pola vosa actuación!!

Hector.H dijo...

Despois dos ensaios e vistas as actuacions, que non quedaron nada mal, teño unha cousa clara, dos que actuamos que ninguen pense dedicarse a cancion de forma profesional.

Unknown dijo...

bueno a verdade e que estivo moi ben.. estaría mellor se gañase a miña clase pero bueno para outro ano..

Unknown dijo...

a verdade e que estivo moi ben mellor se gañara a miña clase pero outro ano será non si?

Unknown dijo...

gustume moito o concurso e puido gañar calqueira clase

brais lopez dijo...

Non estibo mal pero na miña opinión ainda o poderíamos facer un chisco mellor