miércoles, 22 de diciembre de 2010

Parabéns e grazas!


Parabéns aos nenos-as de 4º que levaron o peso do rastrillo solidario para axudar aos nenos ex soldado porque aguantaron como campións o frío, as horas e minutos e as miñas "riñas"... e conseguiron recadar 220 eurazos!!!
E grazas, claro, a todos-as os que axudastes comprando as nosas cousiñas, sinxelas, pero feitas co corazón.
Se queredes saber máis, entrade no blog dos nenos ex soldado.
BOAS VACACIóNS!!!

Festival de Nadal


Hoxe chegaron ao noso cole os Reis Magos, como adianto ás festas do Nadal.

A todos BOAS FESTAS.

II CONCURSO DE PANXOLIÑAS

Onte, no Centro social de Miño, os alumnos de Secundaria participaron no Segundo concurso de panxoliñas, organizado pola profesora de música Patricia Cubillo. Foi iun día moi axetreado; houbo moitos nervios por parte dos participantes xa que tiveron que organizar o espectáculo, instrumentar etc.
O programa foi o seguinte:
·2ºB: Versionando unha das cancións da banda sonora de Titanic, My hearth will go on, de Celine Dion, Viaje hacia el Amor. Recibiron a mención á mellor instrumentación.
·2ºA: Versionando a canción de Michael Jackson Heal the World, Recuerda la Navidad. Recibiron a mención ó mellor conxunto vocal.
·3ºA: Versionando a canción de Michael Jackson e outros We are the World, La Luz que nos Ilumina. Recibiron a mención á mellor posta en escea.
·3ºB: Versionando a canción de Scorpions, Rock you like a Hurricane, Rock in Navidad. Recibiron a mención á letra máis orixinal.
·4ºA e B: Versionando a canción de Bisbal e K'naan, Wavin'0 Flag, Unidos en Navidad. FORON OS GAÑADOREES!

Esperamos que para o ano isto se repita, e mellor!



Nota: Imaxe obtida de google (www.maristasvigo.es)

lunes, 20 de diciembre de 2010

Obradoiro de ilustración científica: Debuxar a natureza


Hoxe os alumnos de 4º de ESO asistiron a un Obradoiro de ilustración científica centrado nos bosquexos de campo. Calros Silvar, naturalista e ilustrador, amosou as técnicas para tomar notas do natural e debuxar prantas e animais.

lunes, 29 de noviembre de 2010

Unha reflexión


“De todo o que levo lido sobre etoloxía, os gorilas coidan mellor as súas “mulleres” e fillos que os “gorilas humanos”. Nós, como especie, onde perdemos o “norte”? ”
Unha reflexión para o día contra a violencia machista dunha profe do cole.
Sabedes quen?

viernes, 26 de noviembre de 2010

25 de novembro- Día contra a violencia de xénero



O 25 de novembro celebramos no noso Centro o día contra a violencia de xénero. Lemos contos, escoitamos cancións, escribimos textos e eslogans e fixemos exposicións.

domingo, 14 de noviembre de 2010

Adiós a un gran cineasta


Esta semana falleció García Berlanga, uno de los directores más importantes del cine español .

Fue galardonado con numerosos premios como el Príncipe de Asturias de las Artes en 1986, el Premio Nacional de Cinematografía (1981) y la Medalla de Oro de Bellas Artes (1983) y representó a España en los Oscar, en más de una ocasión.

Berlanga supo combinar en sus películas, la crítica, la ironía , el humor y el buen cine.
Títulos, entre otros como "!Bienvenido Mr Marshall!", "Plácido", "La vaquilla", "La escopeta Nacional" nos dejan el recuerdo de este gran cineasta

martes, 31 de agosto de 2010

Olaaaaaaaaaaaa...


Ola, outra vez por aquí neste inicio dun novo curso. Veña, veña, imos animarnos despois deste verán tan chulo e coller folgos para comezar un novo curso con alegría e bo humor, ademais de con interés e ganas de traballar. NOOOOOOOOOOOOON???
Un bico a todos-as e xa nos vemos pronto. Os-as que non nos vexamos, espero que pasedes polo cole de cando en vez para contarnos que tal vai a nova vida fóra destas paredes que tantos anos vos viron subir e baixar. Vale?

domingo, 1 de agosto de 2010

OLÉEEEEEEEEEEEEEEEEEEE


Visca Catalunya!
Si, visca porque nesa comunidade o Parlamento acaba de prohibir -a partir do 2011- as corridas de touros.
Visca! E que cunda o exemplo!

E agora uns haikus chulos chulos (dunha tal Madoé...) para festexalo:


Xa nace negro
para morrer de loito
o touro bravo.

Brinca no campo
ignorante e bravo.
¡Pobre touriño!

¿Que pensará
dos animais das gradas
o touro bravo?

¡Como me gusta
a cor do touro bravo
sen o vermello!

sábado, 19 de junio de 2010

ADEUS A SARAMAGO


Morreu aos 87 anos o escritor portugués, premio Nobel, ao que lle podemos engadir adxectivos cualificativos como: íntegro, marxista (el definíase como comunista libertario), austero, serio, sereno, pesimista... De feito unha das súas famosas frases foi: "Los únicos interesados en cambiar el mundo son los pesimistas, porque los optimistas están encantados con lo que hay".
Tamén dixo que había que sacar a palabra UTOPÍA do dicionario porque a utopía era "mañá" e as cousas hai que facelas HOXE! Cando un xornalista lle dixo:
-Vostede gañou o premio Nobel...
El contestou:
-Si, gañei o Nobel... E que?
Que vos parece esa resposta?
Pois iso. Adeus, Saramago. Moitos de nós botarémoste de menos!

martes, 8 de junio de 2010

O NOSO POEMA, POR FIN DEBUXADO


Miriam e Andrea (4ºA ESO) fixeron o fermoso debuxo para o poema que se elaborou o día do libro na viaxe a Porto. Colocarémolo na baixada á biblioteca, ao lado do panel onde están as palabras que saíron da lectura continuada na libraría Lello e irmao. Miriam tamén escribiu o poema, "O adeus de seda", feito polo club de lectura Salicornia e algúns alumnos-as do IES Castro da uz.

domingo, 23 de mayo de 2010

Viaxe ao Courel


Para celebrar o día das Letras galegas,os de 4º ESO (cos de 1ºBAC de As Pontes) estivemos no Courel o día 18. Durmimos nas cabanas de Esperante (dixen durmimos??? jejeje...) e ao día seguinte fomos facer a ruta da Devesa da Rogueira. Unha ruta dura pero preciosa, na que vimos un lagarto, a víbora do Courel, plantas carnívoras (a grasilla), a fonte do cervo, pegadas de xabaríns... e unha preciosa vista dende o cume, no alto do Couto. Tamén nos achegamos á casa de Novoneyra.

domingo, 25 de abril de 2010

A revoluçao dos cravos


Hoxe hai 36 anos, ás 12 h. da noite, soaba na radio "Renascenza" portuguesa a canción de José Afonso: Grándola, vila morena. Era o sinal para comezar a Revolución dos caraveis, movemento que derrocaría o rexime ditatorial de Salazar.
Portugal está hoxe de festa!

miércoles, 21 de abril de 2010

É NOS QUE LEMOS?

A exposición E NÓS QUE LEMOS? xa está montada no vestíbulo de Secundaria.
Alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria e case todos os de Secundaria, pais e nais, profesores e amigos recomendaron un libro e/ou falaron da súa relación coa lectura.
Temos, pois, unha selección de libros e autores extraordinaria e tamén unhas vivencias arredor do feito de ler que paga a pena ollar.
Acheguémenos ata estas fiestras ao interior de todos nós e disfrutemos do que outros tamén disfrutaron.

martes, 20 de abril de 2010

UN FADO

Escoitade un bonito fado de Mariza e de paso aprendede algo de portugués. Que lingua tan bonita!

Viaxe a Porto

Este xoves o club de lectura Salicornia do noso cole imos a Porto para celebrar o día do libro na libraría Lello e irmao, unha xoia por dentro e por fóra. Aquí tedes un vídeo que nos presenta a cidade portuguesa.

domingo, 18 de abril de 2010

Tal día como hoxe


O 18 de abril de 1912 o Titanic choca contra un iceberg ás 23.40, na súa viaxe inaugural. Remataría afundíndose ás 2.20 h. da madrugada seguinte.

lunes, 12 de abril de 2010

AUTOR-A?


Sabedes de quen é este precioso debuxo? Unha pista: trátase dun-ha profe...

miércoles, 31 de marzo de 2010

Nova era para a Física?


O LHC, acelerador de partículas europeo, realizou o día de onte, martes 30 de marzo, o esperado choque de protóns co que se pretende coñecer a orixe do Universo. Resumindo moito, o experimento consiste en reproducir un “mini Big Bang” en laboratorio, é dicir, aproximarse coa maior máquina construída polo ser humano en todos os tempos ás condicións que existían unha MILMILLONÉSIMA parte de segundo despois da creación do Universo. Case nada, verdade?

A aventura foi así: nun xigantesco túnel de 27 Km. de diámetro, situado a 100 m. baixo terra da fronteira francosuíza, os protóns colisionaron cunha enerxía de 7,5 teraelectronvoltios (menuda "palabreja", eh?), o que significa tres veces e media maior do que xamais se tiña conseguido.

A tamén coñecida como “máquina de Deus” desenvolverá a súa máxima potencia (14 teraelectronvoltios, ou sexa case o dobre da conseguida onte) en 2012. Será entón, din os científicos, cando a "maquiniña" atope a “partícula divina”, a que aporta masa as demais.

Os físicos afirman que é un bo día e que a partir de agora poderán participar nunha nova fronteira do coñecemento.

IMPRESIONANTE, non si?

sábado, 20 de marzo de 2010

jueves, 18 de marzo de 2010

domingo, 14 de marzo de 2010

Novo libro para a biblio

Outra creación máis dos nosos artistas. Desta vez é o alumnado de 3º e 4º ESO o que fixo un libro precioso, cun título non menos guai: FLORES E TOXOS. A portada é obra de Mirian Anido e Andrea Montero. De momento podedes ir léndoo aquí. Para a semana do día do libro contamos telo xa impreso e transformado en libro.
Gústavos?

miércoles, 10 de marzo de 2010

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER: Famosas? Famosas!


O 8 de marzo é o Día da muller.
A nosa celebración será un xogo que nos proporcionou a Biblioteca do IES Río Cabe de Monforte: Famosas? Famosas!, a quen lle agradecemos o préstamo. Lemos biografías e familiarizámonos cos retratos de mulleres importantes ao longo da historia.

Para conmemorar este día, imos recordar a moitas mulleres que destacaron en diferentes campos ao longo da historia e que non son tan coñecidas como deberían.
Presentaremos nun taboleiro as súas biografías e os seus retratos e convidámosvos a xoguedes a identificalas. Non será doado, pero si será divertido.
Na exposición que estará ao lado do taboleiro tamén poderedes ver as biografías que temos na biblioteca.
Para encetar o xogo, pensade quen pode ser a muller deste retrato. Para facilitarvos a tarefa, direivos que é a protagonista dunha película de Aménabar e que tamén protagoniza a primeira pregunta da nosa actividade A PREGUNTA DA SEMANA.

sábado, 6 de marzo de 2010

O SON DO MAR


A Coruña foi elixida como a cidade onde o son do mar é o máis bonito do mundo (na gravación pódese escoitar o son das gaivotas e das ondas... mágoa non ter atopado outro vídeo). O concurso fíxose en Polonia e participaban 620 cidades de todo o mundo.

lunes, 1 de marzo de 2010

Os animais tamén teñen dereitos

O alumnado de Ética de 4º ESO A traballou cos dereitos dos animais porque eles tamén os teñen, aínda que ás veces ... -demasiadas- ... o esquezamos.
Se queres ver a publicación en grande, preme aquí.

sábado, 27 de febrero de 2010

ORGULLOS@S DO GALEGO


Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas, Susana Seivane, Antón Reixa, Isabel Risco, Carlos Ares, Belén Regueira... son os protagonistas dunha campaña en favor da lingua.
Trátase dunha iniciativa da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que vos invita a participar cos VOSOS PROPIOS VÍDEOS. Se vos animades, contade co noso apoio!

sábado, 20 de febrero de 2010

E NÓS QUE LEMOS?


Despois de ver a exposición "E ti que les?" que tivemos no cole durante uns meses, agora tócanos a nós contar cal é o noso libro preferido. Organizaremos unha exposición na que alumnos, familiares, profes e persoal non docente e persoas da vila escriban acerca dun libro que perdura no seu recordo. Haberá que acompañar o texto cunha fotografía persoal.
Animádevos! Cremos que resultará unha bonita exposición para colocar no noso vestíbulo.

lunes, 15 de febrero de 2010

ESTIVEMOS DE ENTROIDO



Celebrando outro ano máis, desta volta con personaxes da Banda deseñada. Había moitos Zipi e Zape, acompañados de Don Pantuflo e a súa esposa; tamén desfilaron os superchikis, el Zorro... Houbo mafiosos, un comando de limpeza, negros caníbales e ata vimos escenas de "Grease".
Pasámolo ben, pero os que máis se divertiron foron, sen dúbida e como sempre, os máis pequenos.

viernes, 12 de febrero de 2010

Poemas de amor

Chega o día de San Valentín e todo se enche de corazóns vermellos, de rosas, de poemas e de exaltación do amor. E por que non? O amor é un sentimento fermoso, ainda que a excesiva comercialización da data o desvirtúe un pouco. Nas nosas mans está elexir un xeito ou outro de celebralo (ou de non celebralo).
Para os que queirades ler algúns poemas de amor, ahí vai a selección que nos envía Adela Troncoso desde O IES Val do Tea:


Premede AQUÍ para ler os poemas.



Premede AQUÍ para ler os poemas.

sábado, 6 de febrero de 2010

Entrevista no cole


O xoves estivo Ramón Segura, un xornalista que agora traballa na publicación miñense "Mi pueblo", para facerlles unha entrevista aos rapaces de 3º ESO que tiveron a gran idea de recadar fondos para Haití no noso cole. Agardamos ler pronto o xornal local.

miércoles, 3 de febrero de 2010

PREPARANDO SAN VALENTíN


Escribimos palabras de amor, amizade, cariño, tenrura, desexos... a unha persoa do cole. Un “carteiro dos sentimentos” entregaraas á persoa a quen vaian dirixidas o 12 de febreiro, escritas sobre un corazón. Os textos serán anónimos para que adiviñedes quen é o voso “amoramigo” invisible.

O ano que vén cambiaremos a data para festexar o día dos namorados: en lugar dese día tan comercial –San Valentín-, celebraremos o AMOR o día 2 de febreiro, data da CANDELORIA, unha festa moi de noso.

A Candeloria é a festa da luz, o día en que “casan” os paxaros e nacen os años, o preludio da primavera e, polo tanto, o día dedicado ao amor na nosa terra. A súa orixe está nunha antiga festa celta de carácter pagá, na que se colocaban candeas nas fiestras das casas en honor á deusa da nova lúa.

Aquí hai máis cousas, ide lendo.

PABLO ALBO veunos contar os seus contos


Esperabamos a PABLO ALBO, pero entrou o seu alter ego PEDRO ÁRBOL e as preguntas empezaron a saír coma lóstregos, a rebotar nas paredes, a ir e vir pola sala. El collíaas con xeito e respondía, pero chegou un momento no que era imprescindible coñecer ao protagonista, xa que só el podería contestar a certas preguntas. E veu. E contestou, e fíxonos rir e contounos algo moi interesante:as historias están nas nosas cabezas e só hai que ter un pouco de tempo, un lápis e un caderno para contalas. Despois tamén nos contou un pouco do seu próximo libro (que teremos que ler porque non sabemos como acaba)e a historia dun pobo moi silencio no que un día o ruído foi infernal. E axudásmolle a contalo porque nos invitou a facelo.
Grazas, Pedro Árbol. Grazas, Pablo Albo.

Para saber máis del e do seu traballo premede AQUÍ

A nosa oliveira


Onte ía frío, pero tamén quentaba o sol. A media mañá chegou ao noso cole a oliveira e alí estabamos todos esperándoa. Fixémoslle un sitio entre as camelias e foise acomodando, non sen certo traballo ¿pesábanlle os anos ou o feito de deixar a terra que a aloumiñaba? Non o sei. Non sei se ela está leda, se lle gusta o recendo das nosas marismas, se os nosos berros durante os recreos lle resultan agradables,se desexaría ollar outras paisaxes... Non o sei, pero ela min ela gústame, e creo que aos demais tamén. Achegámoslle terra para que a se alimente ben e cantámoslle para que transmita os nosos desexos de paz ao vento que virá acariñala. Daquí en diante será a nosa compañeira e a súa presenza recordaranos a necesidade de traballar en prol da paz no mundo.

domingo, 31 de enero de 2010

A nosa comunidade escolar é solidaria!


Como xa sabedes, por iniciativa dunhas rapazas de 3º de ESO fíxose unha recollida de donativos para axudar ao pobo haitiano. A Comunidade Escolar acolleu con entusiasmo a idea e recolléronse 960 € que foron ingresados na conta que a CRUZ VERMELLA ten en Caixa Galicia. Desde aquí queremos agradecer a toda a Coumindade Escolar a súa colaboración e desexamos que esta pequena parte do que nós temos chegue aos que todo perderon. Grazas a todos, e en especial a Luisa, Fernando, Carla e Irene.

sábado, 30 de enero de 2010

Película para reflexionar

Esta película foi a gañadora nun festival de cine en Alemania... só dura 6 minutos, pero debería quedar para sempre na nosa retina. É impresionante!

lunes, 25 de enero de 2010

Día da PAZ


O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. No cole plantaremos a oliveira que compramos entre todos e arredor dela colocaremos todos os traballos que se están a realizar nas aulas durante estas semanas: lemas, pedras pintadas, postais para os nenos ex soldado, carteis, raps... E un precioso manifesto feito polos alumnos de 3º ESO:

MANIFESTO POLA PAZ

PROTESTAMOS POR:
As guerras, as inxustizas do mundo, protestamos pola xente que lle fai dano aos demais, polos programas violentos de TV, pola sociedade agresiva, polos maltratos que sofren os nenos e as mulleres, polo racismo, polo machismo, pola xenofobia, polas existencia de enfermidades que se poderían curar, pola fame, polo analfabetismo, polas discusións dos políticos que non levan a ningunha parte; pola falla de hospitais e escolas en moitas partes do mundo, polo estado de benestar que nos impide ver as traxedias que hai, polo egoísmo, pola indiferenza...

DESEXAMOS QUE:
Se destrúan todas as armas do mundo e non se derroche máis diñeiro en loitas e guerras, que se constrúan hospitais, escolas e estradas; que a xente teña dereito á sanidade gratuita; que nos ensinen dende pequenos a facer o ben e a pensar nos demais; que a pomba deixe o seu espírito nos corazóns de todas as persoas. DESEXAMOS amor, amizade,sorrisas,apertas, bicos, aloumiños ...


POR TODO ISTO: PEDIMOS, non! mellor ESIXIMOS!!! que todos nos impliquemos en conseguir o que desexamos e acabar dunha maldita vez co que protestamos.

Texto básico: Juan Picos, Manuel Amado, Adrián Ramos e Fernando López.
Colaboradores: todo o curso de 3ºA

sábado, 23 de enero de 2010

XENTE BOA



Pedro Cavadas (Valencia, 1965), é un ciruxano reparador e reconstrutivo, autor do primeiro transplante de cara da medicina española. Tamén reimplantou mans, converteu un brazo dereito en esquerdo, salvou unha man coséndoa durante nove días á perna do paciente...
África cambiou a súa vida.
El non oculta o seu pasado “pijo”, de condutor de 'Porsche' polas avenidas de Valencia. Pero, asegura, unha visita a África cambiouno para sempre. Decidiu viaxar a Kenia para «facer turismo de adrenalina, coa idea de salvar uns cantos negriños e volver a casa contento». Pero... o que viu alí alterou todo. «O mundo real está en África. Alí as peores feras son as persoas. As liortas por un pozo de auga resólvense a tiros ou a machetazos», di.
Cavadas renunciou ao luxo, vendeu o seu deportivo, enviou os cartos a Kenia e creou unha fundación en Valencia para tratar a persoas con poucos recursos. «Ninguén que requira de min un tratamento vai quedar sen el por falta de cartos», asegura.
E todos os anos volve a Kenia, onde pasa longas tempadas reconstruíndo corpos.
Le a entrevista, gustarache.

viernes, 22 de enero de 2010

AXUDA A HAITÍ


Por iniciativa de Irene, Carla e Luísa (3º ESO), no noso cole estanse a recadar cartos para enviar a Haití. O luns 25 pasarán polas aulas con huchas para conseguir os vosos donativos e despois facer o ingreso nun número de conta de axuda aos damnificados. COLABORADE! Nese país o caos e a pobreza son enormes e necesitarán todo o apoio internacional posible.

martes, 19 de enero de 2010

DECÁLOGO PARA SER LINGÜÍSTICAMENTE SOSTIBLES

Nestes momentos nos que falamos de linguas, é importante ver o seguinte traballo sobre sostenibilidade lingüística, que poñen á nosa disposición varios compañeiros do PLAMBE. É unha traducción do Decálogo elaborado polas Universidades catalanas feita por Adelia Troncoso; esta presentación é de Mónica Muñoz.
Lede, disfrutade e poñédeo en práctica.

Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

sábado, 16 de enero de 2010

SEGUIMOS REFLEXIONANDO: ENFERMIDADES "CURABLES"


Con só ter un pouco de boa vontade e non mirar para o embigo propio... podemos, por exemplo, curar enfermidades mortais como a de CHAGAS en países de Sudamérica (Colombia, Venezuela, Arxentina, Ecuador...). Pensar que, só con PINTAR as paredes de adobe de certas casas e manter controlado o entorno, se pode erradicar unha enfermidade provocada por un insecto (a VINCHUCA) que vive na humidade das paredes e que ISO NON SE ESTÁ A FACER... pon os pelos de punta. Non si?

jueves, 14 de enero de 2010

PARA REFLEXIONAR!!!



Escribide moitos comentarios. Dentro duns días celebraremos o día mundial para a PAZ e estaría ben que non fose só un día máis. Só unha pequena explicación do vídeo: trátase dun experimento realizado con 21 pequenos dunha escola infantil de Harlem (o barrio negro de Nueva York)realizado en 2004 por unha estudante de Manhattan, seguindo os pasos do "Test da boneca" feito en 1954 por Kenneth Clark.

miércoles, 13 de enero de 2010

O DÍA DA PAZ

O próximo 30 de Xaneiro celebraremos o día da Paz.Aquí tedes un cartel preparado polo CEIP DE ESTEIRO (Ferrol) para abrir boca:


viernes, 8 de enero de 2010

E o 2010 tamén é o ano da lectura


¿Non dixemos que ía ser un ano importante? Pois o 2010 tamén foi declarado pola Xunta de Galicia o ANO DO LIBRO E DA LECTURA. Aquí tedes o folleto. (Para saber máis cousas ide ao blog de Salicornia, onde tamén atoparedes unha páxina para troco de libros).

martes, 5 de enero de 2010

2010, un ano importante


Ademais do ano das culturas, tamén é o ano dedicado á BIODIVERSIDADE. Non o esquezades porque será moi importante para concienciarnos de que coidemos moito máis o noso planeta. Só durante o ano 2009 desapareceron unhas 30.000 especies vexetais!!! Estas teñen moita importancia porque a natureza garda tesouros incalculables. Mirade, acaba de atoparse unha substancia nun cogomelo que axuda na curación de distintos tipos de cancro. Trátase dun champiñón salvaxe que é un verdadeiro antibiótico do bosque. Imaxinade que fose un dos desaparecidos! E coma este haberá moitos outros aínda por descubrir. Por iso, a ver se este ano serve para convencernos de que hai que preservar as marabillas que contén o planeta azul.