miércoles, 3 de febrero de 2010

PREPARANDO SAN VALENTíN


Escribimos palabras de amor, amizade, cariño, tenrura, desexos... a unha persoa do cole. Un “carteiro dos sentimentos” entregaraas á persoa a quen vaian dirixidas o 12 de febreiro, escritas sobre un corazón. Os textos serán anónimos para que adiviñedes quen é o voso “amoramigo” invisible.

O ano que vén cambiaremos a data para festexar o día dos namorados: en lugar dese día tan comercial –San Valentín-, celebraremos o AMOR o día 2 de febreiro, data da CANDELORIA, unha festa moi de noso.

A Candeloria é a festa da luz, o día en que “casan” os paxaros e nacen os años, o preludio da primavera e, polo tanto, o día dedicado ao amor na nosa terra. A súa orixe está nunha antiga festa celta de carácter pagá, na que se colocaban candeas nas fiestras das casas en honor á deusa da nova lúa.

Aquí hai máis cousas, ide lendo.

6 comentarios:

Marina dijo...

San Valentín!odio San Valentín..é un día tan comercial, tan... tan inventado só para gastar os cartos..quen te quere,te querrá o día 1,o 2 o 14 e o 25!!Quen te quera regalar algo que cho regale porque quere..non para quedar ben o "día dos namorados"
tanta trapallada...CHEIRA!jeej
Marina!

andrea e sara dijo...

Parecenos unha boa idea que se fomenten as tradicións galegas...Pero se che decimos a verdade..para nós é coma un dia calquera,se supón que se ten que querer todolos dias..eso sí está ben que haxa un día para representalo pero ba..!JAJA!

Laura e Cristina dijo...

Ainda que non nos gusta moito esta idea de mandar textos con palabras de amor anónimos... participaremos de todos modos. Xa que é obligatorio jajajajajaja

(O que hai que facer para aguantar a Begoñita ) =)

Vilariño dijo...

Eu non o penso facer sempre nos mandas traballas e nunca descansamos vaite bañar!

Vilariño 4º

vilariño dijo...

Esta festa é unha festa moi fermosa xa que os namorados expresan os seus sentimentos aos seus namorados.

Anónimo dijo...

Ay, que mal anda o amor! Xa se perdeu o romanticismo! Veña, rapaces, que estas cousas son que que imos lembrar durante moito tempo!
CArmen