miércoles, 3 de febrero de 2010

A nosa oliveira


Onte ía frío, pero tamén quentaba o sol. A media mañá chegou ao noso cole a oliveira e alí estabamos todos esperándoa. Fixémoslle un sitio entre as camelias e foise acomodando, non sen certo traballo ¿pesábanlle os anos ou o feito de deixar a terra que a aloumiñaba? Non o sei. Non sei se ela está leda, se lle gusta o recendo das nosas marismas, se os nosos berros durante os recreos lle resultan agradables,se desexaría ollar outras paisaxes... Non o sei, pero ela min ela gústame, e creo que aos demais tamén. Achegámoslle terra para que a se alimente ben e cantámoslle para que transmita os nosos desexos de paz ao vento que virá acariñala. Daquí en diante será a nosa compañeira e a súa presenza recordaranos a necesidade de traballar en prol da paz no mundo.

6 comentarios:

Begoña dijo...

Bonitas palabras.

Fran dijo...

Está ben a intención de celebrar o día da paz pero o que se fixo é unha "trapallada". A organización do colexio nunca foi boa e o tempo non axudou, pero iso do himno galego non sei a que veu, o de plantar a oliveira non é mala idea pero quizais excesivo e un gasto de cartos innecesario que podería ser mellor invertido.

Cris dijo...

A oliveira é fermosiiisima, ainda que coas pedras que lle puxemos ó arredor quedou ´´divina`` jejeje.


Aver o que dura enteira.

bikos

pablo dijo...

Un colexio e un colexio e non un xardin botanico ter algunhas arbores e espacios verdes(de herba e non pintados)esta ben,pero gastar os cartos nuha oliveira cando a escola esta caendo a cachos non me parece normal.Os baños estan rotos,a calefacion non funciona,o patio cuberto non esta tan cuberto... .Por encima desto hai que pensar que isto e unha escola e parece un zoo.

Miriam e Miguel dijo...

Carmen: deberías mencionar os alumnos de 4ºA que estivemos toda a mañá axudando coa paz, tivemos que perder clases e non queriamos...

Anónimo dijo...

Xa vexo que a dura realidade pode máis que os soños jeje pero de todo ten que haber. Grazas a todos os que colaboraron desinteresadamente e grazas a todos os que vos moletades en participar neste blog, porque se falamos conseguiremos grandes cousas.
Carmen