martes, 5 de enero de 2010

2010, un ano importante


Ademais do ano das culturas, tamén é o ano dedicado á BIODIVERSIDADE. Non o esquezades porque será moi importante para concienciarnos de que coidemos moito máis o noso planeta. Só durante o ano 2009 desapareceron unhas 30.000 especies vexetais!!! Estas teñen moita importancia porque a natureza garda tesouros incalculables. Mirade, acaba de atoparse unha substancia nun cogomelo que axuda na curación de distintos tipos de cancro. Trátase dun champiñón salvaxe que é un verdadeiro antibiótico do bosque. Imaxinade que fose un dos desaparecidos! E coma este haberá moitos outros aínda por descubrir. Por iso, a ver se este ano serve para convencernos de que hai que preservar as marabillas que contén o planeta azul.

2 comentarios:

Juan Picos dijo...

E onde hai ese tipo de cogomelos?
Porque se cura tantas enfermidades deberiamos de parar de escribir e empezar a recollelos...

Madoé dijo...

Pois moito me temo que haberá que seguir escribindo, porque o cogomelo en cuestión sospeito que é un que se dá alá polo Trópico de Capricornio, en Brasil. Cadra algo lonxe para coller o cesto e botarse ó monte...