jueves, 17 de diciembre de 2009

NÓS TAMÉN TEMOS UN "PAPÁ NOEL"

Chámase o Apalpador e é un personaxe mítico do Nadal galego (especialmente da zona do Courel, Quiroga, Trives...) perdido e que desde hai un ano está sendo recuperado. Hai outros personaxes similares, por exemplo O olanchero de Euskadi, que substitúen a todos os "clásicos" que traen regalos por Nadal (Santa Claus, os Reis Magos, Papá Noel...).

O seu modo de proceder é o seguinte: a noite do 24 de Decembro (OLLO! PARECE SER QUE NON É ESTA A DATA NA QUE BAIXA, SENÓN QUE O FAI O DÍA 31 !!!, segundo nos avisa a autora do blog coa que enlazamos esta entrada) baixa da súa escura morada para ir visitar aos nenos e nenas galegas, e chega cando están xa durmidos. Apálpalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame (de aí o seu nome). Se o caso é o primeiro di: “Así, así esteas todo o ano”, e déixalle ao neno ou nena unha presiña de castañas. Se, pola contra, están famentos, fica calado e déixalle tamén unha manchea do froito do castiñeiro.

Se queredes saber máis só tedes que ir a:
http://dalleuncolinho.blogspot.com/2009/12/recursos-sobre-o-apalpador.html

8 comentarios:

Anónimo dijo...

aaaa...agora xa pillo a felicitacion de nadal!!:)
Que O Apalpador vos traia moitas cousas e que vos pille coa barriga ben farta!
un bico!
marina!

Juan Picos dijo...

Moi chulo é o "Papa Noel" galego .
Pero, unha preguntiña, este tamén trae os mesmos agasallos que o outro?
Se é así avisade canto antes porfavor, que teño que escribir a carta...

Begoña dijo...

Pois claaaaaaaaarooooooooooooo, Juan!!!

Cris dijo...

Que bonito el papa noel gallego!!!
Porque me suena tanto.... sera porque aparecia en las postales del rastrillo jejejeje.

Pues os deseo a tod@ q paseis unas FELICES FIESTAS!!!!

Hasta el dia 3:

Un besOOOO

Juan Picos dijo...

Pois iso avísase antes, que ou olvidouse ou porteime mal porque na miña casa non deixou ningún regalo.
Nin un nin outro, e eu
PORTEIME BEN CONCHHO...!!!

Anónimo dijo...

anda pois eu nunca oín falar deste señor jeje pero mola mais papa noel que ainda que esteas farto traeche unha morea de regalos ainda que non se merezan....
Silvia

♥ meninheira dijo...

Olá! :)
Moitas grazas por ligar ao meu blogue :)

Só unha cousiña, o Apalpador baixa das montañas a noite do 31 de decembro.

Bicos e feliz ano :D

adrian dijo...

o mellor foron os reis que foron ao colexio¡