miércoles, 25 de noviembre de 2009

Día 25


Celebramos o día contra a violencia de xénero: houbo globos de cores, lazos e, sobre todo, reflexións, pensamentos e ideas para dicir NON á violencia contra as mulleres, vítimas de asasinatos, malos tratos, vexacións... e -segundo din as estatísticas-, cada ano aumenta entre rapazas e rapaces máis novos. ¿Como pode ser? PENSADE e dicídenos a vosa opinión.

2 comentarios:

Cris dijo...

Ola!!!

O que eu penso é que non recibimos toda a educación necesaria,o que quero dicir con esto é que cada vez se nos deixan facer máis cousas. Se miramos Ó pasado a maioria dos problemas que hai agora non os habia fai 30 anos. O que eu penso é que si se exisira máis e poñeran normas que causaran respecto non haberia tantas mortes a causa do maltrato.
Para min o mellor consello é pensar antes de actuar.

Alex dijo...

Ola a todos e todas!!!

A miña opinión sobre este tema que a min xa me ten tolo , e supoño que a algunhas persoas mais tamén, é que todo isto deberíase acabar, é unha tarefa dificil, pero co apoio de moitas persoas penso que se podería amañar. As condeas de cárcel deberianse endurecer, ata a condea perpetua, e nada de distanzas de alonxamento, iso nunca funciona, , para a cárcel directamente, senón van seguir facendo mal polo mundo adiante, e iso non se pode consentir.
No mundo de hoxe en día ,estase a perder o respeto pola vida, dia a dia vemos noticias de mortes, e, eu darialle moita importancia ás mortes causadas pola viollencia de xénero, porque cando unha perosoa mata desa maneira tan cruel , e, algunhas veces ata con fillos polo medio, deixa de ser persoa, e pasa a ser algo peor ca un animal, porke iso son os animais os unicos seres que o fan ¿non?

Bueno, voume despedindo dicindo que a estas alturas, só nos queda confiar no que poda pasar.
Un bico.