lunes, 27 de abril de 2009

Día do libro en Vigo


Para celebrar o día do libro, 4º ESO A e B fomos a Vigo, á Casa das Palabras. Acompañáronos os alumnos e alumnas do IES Castro da uz das Pontes. Nunha sala que reservaron as profes, todos lemos No labirinto do vento, de Marina Colasanti e cada un de nós escolleu unha palabra. Con todas elas fixemos un poema de amor durante a viaxe de volta. Mirade que ben nos quedou:

SE EU, TI


Ti, a miña terra, o meu universo,
que cos cantos da barbantesa alumeas os meus versos
feitos con ás de mariposas,
atrápasme no teu bosque do amor
e fasme cantar de felicidade cos teus silencios.

Yo, tu rey.
Tú, mi corza saltarina.
A min xa non me falta nada.
Es a miña princesa,
Ti, tan linda, tan doce.

De repente sonó el laúd,
o mongol tocou o seu corno
e os gnomos detiveron a súa festa.
Entón tivemos o desexo de voar
e perdernos no azul do mar
agarrados ás crinas do unicornio.

Protexereite como a un tesouro
gardado no buraco do meu corazón
onde florecerá a roseira do noso amor.
Gozaremos da nosa mocidade
cabalgando xuntos nas ondas,
escoitando o son dos alegres grilos
e o ruído do bater das mareas nas buguinas
traídas polo mar embravecido.

As túas rosadas caricias
téñenme namorado.
O perfume dos teus bicos
provocan en min un forte ruxerruxe,
como as pisadas dun elefante.

Observo o meu reflexo
na vella lagoa de prata
e o meu corazón, roto
polas coitelas dos ciúmes,
retórcese nun paraíso de rubí
pola altivez das túas palabras.

Nun inmenso lago
vexo o teu precioso sorriso.

A dama reflexada viu a súa alma
en cada un dos azulexos que recubrían
os muros do labirinto do seu corazón.

¡NADA FOI INÚTIL!

4 comentarios:

Corazon dijo...

Si a verdade e que me meceu a pena ir ata vigo,unha das escurxion mais fermosas e divertidas que fixemos,despois de ir tanto a depuradora...jaja
E tamen coñecer aos rapaces das pontes,que son unha delicia,ainda me rin...espero que Bego nos leve outra vez con eles de escursion...juijuijui¡¡¡¡¡¡

E O POEMA e do mais,ainda que,traballo nos costou,que case non o rematamos,e logo a nosa entrada pola ventá?jajajaja....

bicos

Anónimo dijo...

hola soy david la pase muy bien espero volver a vigo

alba dijo...

Un gran día sen duda,que pena que estas cousas só pasen en contadas veces,verdade¿?
jaja
Xa se votan de menos os rapaces e rapazas de As Pontes
Ao final ata lle queda ben o meu titulo ao poema non¿?
jaja
un saudo
bicos Begoña
Qerote!!

Anónimo dijo...

esta excursión fue geniaal!!!
aunque bueno, tuve partes que es mehjor guardar en un cajon aparte jejeje!!!
un besazooo!!!
Andrea Villar.