viernes, 16 de mayo de 2008

Letras galegas 2008


Este ano dedícase o día das Letras galegas a Xosé María Álvarez Blázquez (Tuy, 5 de febreiro de 1915 - Vigo, 2 de marzo de 1985). Lede un dos seus poemas:

“A cometa”
Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.

Era poñer a ialma
por enriba das ponlas
máis ergueitas da fraga.

Era andar cos miñatos
nun alto voo suspenso
sobre a paz dos campos.

Era ter –cousa meiga!-
o corazón atado
cun longo fío á terra.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Xosé María Álvarez parecenos un escritor excelente xa que o poema que acabo de ler gustounos moito.