martes, 19 de febrero de 2008

Son un cabalo





Estes son algunhas das opinions persoais que alumnos de 3º e 4º escribiron para o autor:



Este libro deume moito que pensar, pareceume fabuloso. Con el deime conta de todo o que pode haber na cabeza dun simple cabalo, ata cheguei a pensar que ese cabalo tiña máis sensibilidade que moitas persoas, e seguín pensando nos homes que matan mulleres, en mulleres que abandoan nenos... Este libro abriume os ollos e penso que de agora en adiante farei todo con máis coidado porque as persoas ás veces facemos dano aos demais, aos animais, aínda que non queiramos.
Cristina González

Trata dun cabalo que conta cousas da súa vida, en especial da súa dona –unha nena- e da súa nai. Cando era pequeno separárono da súa nai e púxose moi triste. A nena recordáblle á súa nai nalgúns aspectos, por exemplo na forma de agarimalo, por iso a quería tanto. O cabalo tamén fala dos seus medos e da forma en que lle gusta que o traten.
Santiago Real


Esperamos que vos gusten.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustounos moito a visita de Gonzalo Moure,pareceunos un home moi interesante e simpatico.Con moitas ganas de demostrar o que sente....estas cousas habia que repetilas mais veces!!

Anónimo dijo...

amin tamen gustoume moito a visita deste autor tan recoñecido para min.
me encanto la charla que nos deu a os alumnos de 3º e 4º da E.S.O
e e u tamen estou de acordo de que se deberia repetir moitas veces.