Un fermoso poema, "Niña de la cueva", recitado por...???
domingo, 19 de febrero de 2012
martes, 7 de febrero de 2012
Tamén fomos a un museo
Ese mesmo día do que vos falamos na entrada anterior, tamén visitamos o museo de Belas Artes, que está moi próximo á Cociña Económica. Fixemos a foto común, na entrada, e despois dividímonos en dous grupos para ir vendo os catro pisos do museo. Dentro xa, vimos no vestíbulo un xigante de madeira que parece vixiar cos seus ollos azuis todo o museo; unha sala dedicada aos gravados de Goya; salas de pintura dos séculos XVIII, XIX e tamén a máis actual do S.XX. O que máis nos chamou a atención a case todos foron os cadros de Lugrís e un de Picasso, ademais dalgúns de Seoane, e unha rapaciña tallada a partir dun tronco de carballo. Foi especial tamén unha escultura en madeira de Paco Pestana que parecía representar un peixe serra coas ondas do mar e que, ao xirala, tiña un son similar aos berros dos golfiños.
Despois, volta a casa
sábado, 4 de febrero de 2012
EXCURSIÓN Á CORUÑA
Onte, 4ºA, 4º B e 3ºPDC (ESO) viaxamos ata A CORUÑA, realizando unha actividade organizada por Flor, a profe de Sociais. Fixemos unha visita á cociña económica e... todos voltamos moi impactados co que vimos, oímos e sentimos. Levamos o recollido durante uns días no cole: aceite, produtos de aseo, azucre... e quedamos en volver con novas cousas que lles virán moi ben: libros e xoguetes concretamente. Así que hai que ir preparándose para achegarlles o que necesitan xa que en verdade hai moitas persoas que carecen absolutamente de todo nestes momentos.
Coincidimos, ao saír, coa cola que se forma ás 11 h. da mañá, que é a daquelas persoas que van buscar a comida para levala ás súas casas e o que máis nos sorprendeu a todos foi pensar que alí poderiamos estar calquera de nós.
Algúns datos rápidos:
-É a máis antiga de Galicia (xa leva 125 de anos, como din eles, "alimentando esperanzas") e a única de España financiada de forma privada.
-Cada día reparten 600 racións e conta con servicio de ducha e lavandería.
-O novo perfil de usuarios hoxe en día son familias, homes que viven sós e xoves desempregados.
Algúns datos rápidos:
-É a máis antiga de Galicia (xa leva 125 de anos, como din eles, "alimentando esperanzas") e a única de España financiada de forma privada.
-Cada día reparten 600 racións e conta con servicio de ducha e lavandería.
-O novo perfil de usuarios hoxe en día son familias, homes que viven sós e xoves desempregados.
Sairá un artigo na nosa revista escolar para non esquecernos e tamén falaremos das outras cousas que fixemos ese día. De momento, neste blog só iso, para non mesturar, xa que o tema ben merece unha reflexión seria.
viernes, 27 de enero de 2012
DÍA DA PAZ
O luns 30 vémonos todos no patio do cole. Haberá bailes, música, desexos e moitas grullas (que enviaremos ao Museo da Paz de Hiroshima) para celebrar o día.
Leremos un texto coa historia de Sadako Sasaki, a nena morta en Hiroshima a causa dos efectos da bomba atómica e o alumnado de 4º A colgará un MANIFESTO POLA PAZ.
E tamén teremos unha xornalista (Lucía, El Ideal Gallego) connosco para contar todo isto.
Leremos un texto coa historia de Sadako Sasaki, a nena morta en Hiroshima a causa dos efectos da bomba atómica e o alumnado de 4º A colgará un MANIFESTO POLA PAZ.
E tamén teremos unha xornalista (Lucía, El Ideal Gallego) connosco para contar todo isto.
jueves, 19 de enero de 2012
CHEGARON Á ANTÁRTIDA
Como seguimos o inicio da súa viaxe, contámosvos agora o final:
Ramón Larramendi e os seus compañeiros chegaron o día 1 de xaneiro á Antártida no seu catamarán!!!
Ramón Larramendi e os seus compañeiros chegaron o día 1 de xaneiro á Antártida no seu catamarán!!!
viernes, 6 de enero de 2012
sábado, 31 de diciembre de 2011
Feliz aninovo!
Estamos a piques de rematar o 2011!!! Non esquezades entrar co pé dereito no aninovo!!! ou sexa: levantade o pé esquerdo mentres soan as 12 badaladas!!!
DESEXOS DE PAZ, HARMONÍA, SAÜDE E FELICIDADE para todos-as!
DESEXOS DE PAZ, HARMONÍA, SAÜDE E FELICIDADE para todos-as!
lunes, 19 de diciembre de 2011
IN TIME
Se vos apetece ir ao cine este Nadal, aproveitade para ver esta peli moi recomendable: IN TIME

Director: Andrew Niccol
Guión: Andrew Niccol
Música: Craig Armstrong
Fotografía: Roger Deakins
Intérpretes:Justin Timberlake (Will Salas), Johnny Galecki (Borel), Cillian Murphy (Raymond Leon), Amanda Seyfried (Sylvia Weis), Matt Bomer (Henry Hamilton), Olivia Wilde (Rachel Salas), Alex Pettyfer (Fortis).

Xénero:Suspense
Clasificación:Non recomendada menores de 12 anos
Estreno: 2 de decembro de 2011
Director: Andrew Niccol
Música: Craig Armstrong
SINOPSE:
Nun futuro próximo, a sociedade non envellece xa que se conseguiu alterar o xen que provoca o deterioro físico. Prodúcese unha superpoboación alarmante, co que se decide que o teempo de vida se compre con cartos.
Nun futuro próximo, a sociedade non envellece xa que se conseguiu alterar o xen que provoca o deterioro físico. Prodúcese unha superpoboación alarmante, co que se decide que o teempo de vida se compre con cartos.
domingo, 11 de diciembre de 2011
ANTÁRTIDA, un continente sen dono
Hai 100 anos, Amundsen chegou por primeira vez á Antártida. Saíu con 4 trineos e 56 cans camiño do continente xeado. E chegaba por fin o 14 de decembro de 1911, con menos homes, menos cans e menos trineos, ao Polo sur ( latitude 90º S.).
HOXE, unha nova expedición comeza o mesmo percorrido. Desta volta trátase de Ramón Larramendi cun catamarán: unha especie de enorme trineo cunha vela de 40 m. que se desliza (exclusivamente grazas ao vento!!!) sobre o xeo da Antártida. Están aínda a 2.000 km. deses 90º Sur e contan facer uns 100 km. diarios, polo que non chegarán ao seu destino ata case dentro dun mes, se todo marcha ben. A dificultade é enorme xa que as temperaturas acadan os -25º e os ventos poden ser ata de 300 km./h.
HABERÁ QUE SEGUIR A EXPEDICIÓN CON INTERÉS!!! Non vos parece?

Continentes que limitan coa Antártida
Habitantes do país de xeo
Así é vista dende o ceo
martes, 22 de noviembre de 2011
Visita á Torre de Hércules
MIRADE COMO QUEDOU O PARAUGAS DE SERXIO!Ben, molladiños como pitos, chegamos da excursión á Coruña que foi moi divertida. Primeiro quixemos ir ao Monte de San Pedro pero como o persoal non se responsabilizaba da nosa morte a causa do vento e da choiva, non nos deixaron entrar.
Despois fomos á Torre de Hércules, onde non morremos de milagre: un vento terrible, un mar precioso, aínda que moi picado, e como non! caían chuzos de punta!!!!!!!!!!!!! E claro, como aínda quedaba tempo e non podiamos pasear e as profes querían cambiar de roupa... pois fomos ata EspacioCORUÑA, onde estivemos un bo tempo ao noso aire!
Foi unha das mellores excursións e un posible programa titulado: "O último supervivinte: como saír seco da Torre de Hércules"!!!
Andrea Piñeiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








