domingo, 1 de agosto de 2010

OLÉEEEEEEEEEEEEEEEEEEE


Visca Catalunya!
Si, visca porque nesa comunidade o Parlamento acaba de prohibir -a partir do 2011- as corridas de touros.
Visca! E que cunda o exemplo!

E agora uns haikus chulos chulos (dunha tal Madoé...) para festexalo:


Xa nace negro
para morrer de loito
o touro bravo.

Brinca no campo
ignorante e bravo.
¡Pobre touriño!

¿Que pensará
dos animais das gradas
o touro bravo?

¡Como me gusta
a cor do touro bravo
sen o vermello!

4 comentarios:

Marina dijo...

Siii!!!por fin!
aver se chega a toda españa e todo o mundo!!
sintoo por esa xente que quedara sen traballo, pero mais o sinto por eses pobres animais asesinados co fin de que a xente pase o seu tempo de ocio.
alegrome moito, e espero que isto sega asi, sigamos avanzando!

Lucía dijo...

Xa ía sendo hora, eu non sei como a xente pode aturar isto, na miña opinión o goberno debería aprovar unha lei para prohibilo en toda España e así o noso país seria recoñecido por outras cousas porque a maioría da xente de outros países se lles falas de España o primeiro que pensan é nos touros.

Carlos Bouza dijo...

Está moi ben por Cataluña,, pero paréceme a min que non vai haber moitas comunidades, por non dicir ningunha, que sigan o seu exemplo.

Noelia R. Seijas dijo...

Touro de lidia,
touro bravote,
xogas a vida.
Deféndete!
Dá morte.

Poesía que lle adico a tódolos touros condeados a morrer nunha praza.