miércoles, 21 de abril de 2010

É NOS QUE LEMOS?

A exposición E NÓS QUE LEMOS? xa está montada no vestíbulo de Secundaria.
Alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria e case todos os de Secundaria, pais e nais, profesores e amigos recomendaron un libro e/ou falaron da súa relación coa lectura.
Temos, pois, unha selección de libros e autores extraordinaria e tamén unhas vivencias arredor do feito de ler que paga a pena ollar.
Acheguémenos ata estas fiestras ao interior de todos nós e disfrutemos do que outros tamén disfrutaron.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Me encantou...inda que a verdade é que ás veces vexo que teño que comer máis zanoria para poder ver mellor os carteis.

Por certo, quero comentaros que estivemos en familia nas exposicións que organiza CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) xa que somo asiduos ás súas actividades. O tema medioambiental é o noso medio pode ser moi interesante para os alumnos e maiores. TEñen actividades ludico-formativas por só un euro por alumno. Podedes velo na súa páxina web. Vos deixo una mostra neste enlace: http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/programa-educacion-ambiental/mar-costa-recursos-valiosos-para-todos.html

saúdos e felicitacións pola blog e as activades en xeral do cole!!!

Begoña dijo...

Gustaríame que, se volves entrar no blog, escribas quen es... polo que dis non o sei, pero de todas formas, grazas polos ánimos e a información.