martes, 29 de diciembre de 2009
CHEGA O 2010
E este ano que comeza dentro duns días foi declarado pola ONU como "o ano internacional do achegamento das culturas".
Baixo o lema "Unha Soa Cultura" conmemorarase o 400 aniversario da obra de Galileo "Sidereus Nuncius" (o mensaxeiro sideral), publicación que marcaría un antes e un despois na concepción que se tiña do mundo por representar o colapso da teoría xeocéntrica. Trátase dun breve tratado, o primeiro baseado en observacións astronómicas realizadas cun telescopio, escrito en Latín por Galileo Galilei e publicado en Venecia en marzo de 1610.
Pode que nos guste este ano. O achegamento entre culturas significa achegarse a entender un poco máis a cultura dos demais e facilitar a mutua comprensión dos pobos e das distintas formas de ver a vida... e iso tamén achega as persoas, que falta nos fai.
Se queredes ler algúns costumes curiosos sobre a celebración do fin de ano no mundo, premede aquí.
E agora, aí vai un desexo que nos envía para tod@s unha mestra de primaria do noso cole:
"Xa que 2.010 é un número redondo, estaría ben que o ano novo fose tamén así: esférico, sen arestas, sen caras tristes… E que todo vaia rodando ó noso gusto".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Feliz aninovo a tod@s!!
feliz ano a todos!!espero que vos traera moitas cousas O Apalpador e pasárades un bo Nadal...aínda queda un pouco asi que disfrutade que cando vos dedes conta...estades voltando a rutina!jej
un bico!
marina!
FELIZ 2010!!!!
A disfrutar moito de este ano e aver si é mellor ca o anterior.
un bikoo
Publicar un comentario