miércoles, 31 de marzo de 2010

Nova era para a Física?


O LHC, acelerador de partículas europeo, realizou o día de onte, martes 30 de marzo, o esperado choque de protóns co que se pretende coñecer a orixe do Universo. Resumindo moito, o experimento consiste en reproducir un “mini Big Bang” en laboratorio, é dicir, aproximarse coa maior máquina construída polo ser humano en todos os tempos ás condicións que existían unha MILMILLONÉSIMA parte de segundo despois da creación do Universo. Case nada, verdade?

A aventura foi así: nun xigantesco túnel de 27 Km. de diámetro, situado a 100 m. baixo terra da fronteira francosuíza, os protóns colisionaron cunha enerxía de 7,5 teraelectronvoltios (menuda "palabreja", eh?), o que significa tres veces e media maior do que xamais se tiña conseguido.

A tamén coñecida como “máquina de Deus” desenvolverá a súa máxima potencia (14 teraelectronvoltios, ou sexa case o dobre da conseguida onte) en 2012. Será entón, din os científicos, cando a "maquiniña" atope a “partícula divina”, a que aporta masa as demais.

Os físicos afirman que é un bo día e que a partir de agora poderán participar nunha nova fronteira do coñecemento.

IMPRESIONANTE, non si?

sábado, 20 de marzo de 2010

jueves, 18 de marzo de 2010

domingo, 14 de marzo de 2010

Novo libro para a biblio

Outra creación máis dos nosos artistas. Desta vez é o alumnado de 3º e 4º ESO o que fixo un libro precioso, cun título non menos guai: FLORES E TOXOS. A portada é obra de Mirian Anido e Andrea Montero. De momento podedes ir léndoo aquí. Para a semana do día do libro contamos telo xa impreso e transformado en libro.
Gústavos?

miércoles, 10 de marzo de 2010

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER: Famosas? Famosas!


O 8 de marzo é o Día da muller.
A nosa celebración será un xogo que nos proporcionou a Biblioteca do IES Río Cabe de Monforte: Famosas? Famosas!, a quen lle agradecemos o préstamo. Lemos biografías e familiarizámonos cos retratos de mulleres importantes ao longo da historia.

Para conmemorar este día, imos recordar a moitas mulleres que destacaron en diferentes campos ao longo da historia e que non son tan coñecidas como deberían.
Presentaremos nun taboleiro as súas biografías e os seus retratos e convidámosvos a xoguedes a identificalas. Non será doado, pero si será divertido.
Na exposición que estará ao lado do taboleiro tamén poderedes ver as biografías que temos na biblioteca.
Para encetar o xogo, pensade quen pode ser a muller deste retrato. Para facilitarvos a tarefa, direivos que é a protagonista dunha película de Aménabar e que tamén protagoniza a primeira pregunta da nosa actividade A PREGUNTA DA SEMANA.

sábado, 6 de marzo de 2010

O SON DO MAR


A Coruña foi elixida como a cidade onde o son do mar é o máis bonito do mundo (na gravación pódese escoitar o son das gaivotas e das ondas... mágoa non ter atopado outro vídeo). O concurso fíxose en Polonia e participaban 620 cidades de todo o mundo.

lunes, 1 de marzo de 2010

Os animais tamén teñen dereitos

O alumnado de Ética de 4º ESO A traballou cos dereitos dos animais porque eles tamén os teñen, aínda que ás veces ... -demasiadas- ... o esquezamos.
Se queres ver a publicación en grande, preme aquí.

sábado, 27 de febrero de 2010

ORGULLOS@S DO GALEGO


Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas, Susana Seivane, Antón Reixa, Isabel Risco, Carlos Ares, Belén Regueira... son os protagonistas dunha campaña en favor da lingua.
Trátase dunha iniciativa da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que vos invita a participar cos VOSOS PROPIOS VÍDEOS. Se vos animades, contade co noso apoio!

sábado, 20 de febrero de 2010

E NÓS QUE LEMOS?


Despois de ver a exposición "E ti que les?" que tivemos no cole durante uns meses, agora tócanos a nós contar cal é o noso libro preferido. Organizaremos unha exposición na que alumnos, familiares, profes e persoal non docente e persoas da vila escriban acerca dun libro que perdura no seu recordo. Haberá que acompañar o texto cunha fotografía persoal.
Animádevos! Cremos que resultará unha bonita exposición para colocar no noso vestíbulo.

lunes, 15 de febrero de 2010

ESTIVEMOS DE ENTROIDO



Celebrando outro ano máis, desta volta con personaxes da Banda deseñada. Había moitos Zipi e Zape, acompañados de Don Pantuflo e a súa esposa; tamén desfilaron os superchikis, el Zorro... Houbo mafiosos, un comando de limpeza, negros caníbales e ata vimos escenas de "Grease".
Pasámolo ben, pero os que máis se divertiron foron, sen dúbida e como sempre, os máis pequenos.