O día 18 case todo o alumnado de 4º A ESO e dous alumnos de 4º B (Javier e Laura), ademais dun grupo de 1º BAC do IES Castro da uz de As Pontes, estivemos en Monforte pintando un grafitti nun muro que nos proporcionou moi amablemente o Concello, para conmemorar o día das Letras Galegas arredor do poeta monfortino Lois Pereiro.Aquí está unha mostra do ben que nos quedou!!!!!!!! (Os astistas son Rubén Moledo -de As Pontes- e Manuel Grueiro -de Miño-; o resto miramos, animamos e fixemos un xogo de Pasapalabra con preguntas sobre a vida e a obra de Lois).
O día 19 fixemos unha preciosa ruta literaria por Monforte, acompañados por un guía que era como unha Enciclopedia de tanto como sabía, así que os que QUIXERON APRENDER, de seguro que o fixeron!!!



