sábado, 27 de febrero de 2010

ORGULLOS@S DO GALEGO


Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas, Susana Seivane, Antón Reixa, Isabel Risco, Carlos Ares, Belén Regueira... son os protagonistas dunha campaña en favor da lingua.
Trátase dunha iniciativa da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que vos invita a participar cos VOSOS PROPIOS VÍDEOS. Se vos animades, contade co noso apoio!

sábado, 20 de febrero de 2010

E NÓS QUE LEMOS?


Despois de ver a exposición "E ti que les?" que tivemos no cole durante uns meses, agora tócanos a nós contar cal é o noso libro preferido. Organizaremos unha exposición na que alumnos, familiares, profes e persoal non docente e persoas da vila escriban acerca dun libro que perdura no seu recordo. Haberá que acompañar o texto cunha fotografía persoal.
Animádevos! Cremos que resultará unha bonita exposición para colocar no noso vestíbulo.

lunes, 15 de febrero de 2010

ESTIVEMOS DE ENTROIDO



Celebrando outro ano máis, desta volta con personaxes da Banda deseñada. Había moitos Zipi e Zape, acompañados de Don Pantuflo e a súa esposa; tamén desfilaron os superchikis, el Zorro... Houbo mafiosos, un comando de limpeza, negros caníbales e ata vimos escenas de "Grease".
Pasámolo ben, pero os que máis se divertiron foron, sen dúbida e como sempre, os máis pequenos.

viernes, 12 de febrero de 2010

Poemas de amor

Chega o día de San Valentín e todo se enche de corazóns vermellos, de rosas, de poemas e de exaltación do amor. E por que non? O amor é un sentimento fermoso, ainda que a excesiva comercialización da data o desvirtúe un pouco. Nas nosas mans está elexir un xeito ou outro de celebralo (ou de non celebralo).
Para os que queirades ler algúns poemas de amor, ahí vai a selección que nos envía Adela Troncoso desde O IES Val do Tea:


Premede AQUÍ para ler os poemas.



Premede AQUÍ para ler os poemas.

sábado, 6 de febrero de 2010

Entrevista no cole


O xoves estivo Ramón Segura, un xornalista que agora traballa na publicación miñense "Mi pueblo", para facerlles unha entrevista aos rapaces de 3º ESO que tiveron a gran idea de recadar fondos para Haití no noso cole. Agardamos ler pronto o xornal local.

miércoles, 3 de febrero de 2010

PREPARANDO SAN VALENTíN


Escribimos palabras de amor, amizade, cariño, tenrura, desexos... a unha persoa do cole. Un “carteiro dos sentimentos” entregaraas á persoa a quen vaian dirixidas o 12 de febreiro, escritas sobre un corazón. Os textos serán anónimos para que adiviñedes quen é o voso “amoramigo” invisible.

O ano que vén cambiaremos a data para festexar o día dos namorados: en lugar dese día tan comercial –San Valentín-, celebraremos o AMOR o día 2 de febreiro, data da CANDELORIA, unha festa moi de noso.

A Candeloria é a festa da luz, o día en que “casan” os paxaros e nacen os años, o preludio da primavera e, polo tanto, o día dedicado ao amor na nosa terra. A súa orixe está nunha antiga festa celta de carácter pagá, na que se colocaban candeas nas fiestras das casas en honor á deusa da nova lúa.

Aquí hai máis cousas, ide lendo.

PABLO ALBO veunos contar os seus contos


Esperabamos a PABLO ALBO, pero entrou o seu alter ego PEDRO ÁRBOL e as preguntas empezaron a saír coma lóstregos, a rebotar nas paredes, a ir e vir pola sala. El collíaas con xeito e respondía, pero chegou un momento no que era imprescindible coñecer ao protagonista, xa que só el podería contestar a certas preguntas. E veu. E contestou, e fíxonos rir e contounos algo moi interesante:as historias están nas nosas cabezas e só hai que ter un pouco de tempo, un lápis e un caderno para contalas. Despois tamén nos contou un pouco do seu próximo libro (que teremos que ler porque non sabemos como acaba)e a historia dun pobo moi silencio no que un día o ruído foi infernal. E axudásmolle a contalo porque nos invitou a facelo.
Grazas, Pedro Árbol. Grazas, Pablo Albo.

Para saber máis del e do seu traballo premede AQUÍ

A nosa oliveira


Onte ía frío, pero tamén quentaba o sol. A media mañá chegou ao noso cole a oliveira e alí estabamos todos esperándoa. Fixémoslle un sitio entre as camelias e foise acomodando, non sen certo traballo ¿pesábanlle os anos ou o feito de deixar a terra que a aloumiñaba? Non o sei. Non sei se ela está leda, se lle gusta o recendo das nosas marismas, se os nosos berros durante os recreos lle resultan agradables,se desexaría ollar outras paisaxes... Non o sei, pero ela min ela gústame, e creo que aos demais tamén. Achegámoslle terra para que a se alimente ben e cantámoslle para que transmita os nosos desexos de paz ao vento que virá acariñala. Daquí en diante será a nosa compañeira e a súa presenza recordaranos a necesidade de traballar en prol da paz no mundo.