
Para celebrar o día do libro, 4º ESO A e B fomos a Vigo, á Casa das Palabras. Acompañáronos os alumnos e alumnas do IES Castro da uz das Pontes. Nunha sala que reservaron as profes, todos lemos
No labirinto do vento, de Marina Colasanti e cada un de nós escolleu unha palabra. Con todas elas fixemos un poema de amor durante a viaxe de volta. Mirade que ben nos quedou:
SE EU, TITi, a miña terra, o meu universo,
que cos cantos da barbantesa alumeas os meus versos
feitos con ás de mariposas,
atrápasme no teu bosque do amor
e fasme cantar de felicidade cos teus silencios.
Yo, tu rey.
Tú, mi corza saltarina.
A min xa non me falta nada.
Es a miña princesa,
Ti, tan linda, tan doce.
De repente sonó el laúd,
o mongol tocou o seu corno
e os gnomos detiveron a súa festa.
Entón tivemos o desexo de voar
e perdernos no azul do mar
agarrados ás crinas do unicornio.
Protexereite como a un tesouro
gardado no buraco do meu corazón
onde florecerá a roseira do noso amor.
Gozaremos da nosa mocidade
cabalgando xuntos nas ondas,
escoitando o son dos alegres grilos
e o ruído do bater das mareas nas buguinas
traídas polo mar embravecido.
As túas rosadas caricias
téñenme namorado.
O perfume dos teus bicos
provocan en min un forte ruxerruxe,
como as pisadas dun elefante.
Observo o meu reflexo
na vella lagoa de prata
e o meu corazón, roto
polas coitelas dos ciúmes,
retórcese nun paraíso de rubí
pola altivez das túas palabras.
Nun inmenso lago
vexo o teu precioso sorriso.
A dama reflexada viu a súa alma
en cada un dos azulexos que recubrían
os muros do labirinto do seu corazón.
¡NADA FOI INÚTIL!