domingo, 22 de abril de 2012
DÍA DA TERRA
Presentación de Google para o día da Terra
O Día da Tierra é un día celebrado en moitos países o 22 de abril. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común ante os problemas da superpoboación, a producción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.
domingo, 25 de marzo de 2012
Colm Tóibín, Eduardo Mendoza e Xulia Alonso reciben en Santiago o premio San Clemente
O escritor irlandés Colm Toíbín na modalidade de narrativa estranxeira coa novela Brooklyn; Eduardo Mendoza, en novela española, por Riña de gatos, obra coa que gañou o premio Planeta; e Xulia Alonso, en literatura galega, por Futuro perfecto, recibiron os premios San Clemente. O galardón, convocado polo instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, foilles adxudicado por un xurado de estudantes de bacharelato de cinco centros galegos, un portugués e outro de Madrid.
jueves, 8 de marzo de 2012
Hoxe, 8 de marzo, DÍA DA MULLER
Hoxe é o día da MULLER, así que imos recordar a Aayat Al-Qormozi, entre outras moitas mulleres que loitaron contra as inxustizas.
Aayat (poetisa de Barhéim) foi detida, condeada, torturada e ameazada por ler en público un poema que comezaba así:
“Somos o pobo que matará a humillación e asasinará a miseria. Non oes os seus berros, os seus alaridos?”.
Foron os versos da Primavera árabe, que pedían reformas en Bahréim, Exipto, Túnez, Iemen, Siria…

domingo, 19 de febrero de 2012
martes, 7 de febrero de 2012
Tamén fomos a un museo
Ese mesmo día do que vos falamos na entrada anterior, tamén visitamos o museo de Belas Artes, que está moi próximo á Cociña Económica. Fixemos a foto común, na entrada, e despois dividímonos en dous grupos para ir vendo os catro pisos do museo. Dentro xa, vimos no vestíbulo un xigante de madeira que parece vixiar cos seus ollos azuis todo o museo; unha sala dedicada aos gravados de Goya; salas de pintura dos séculos XVIII, XIX e tamén a máis actual do S.XX. O que máis nos chamou a atención a case todos foron os cadros de Lugrís e un de Picasso, ademais dalgúns de Seoane, e unha rapaciña tallada a partir dun tronco de carballo. Foi especial tamén unha escultura en madeira de Paco Pestana que parecía representar un peixe serra coas ondas do mar e que, ao xirala, tiña un son similar aos berros dos golfiños.
Despois, volta a casa
sábado, 4 de febrero de 2012
EXCURSIÓN Á CORUÑA
Onte, 4ºA, 4º B e 3ºPDC (ESO) viaxamos ata A CORUÑA, realizando unha actividade organizada por Flor, a profe de Sociais. Fixemos unha visita á cociña económica e... todos voltamos moi impactados co que vimos, oímos e sentimos. Levamos o recollido durante uns días no cole: aceite, produtos de aseo, azucre... e quedamos en volver con novas cousas que lles virán moi ben: libros e xoguetes concretamente. Así que hai que ir preparándose para achegarlles o que necesitan xa que en verdade hai moitas persoas que carecen absolutamente de todo nestes momentos.
Coincidimos, ao saír, coa cola que se forma ás 11 h. da mañá, que é a daquelas persoas que van buscar a comida para levala ás súas casas e o que máis nos sorprendeu a todos foi pensar que alí poderiamos estar calquera de nós.
Algúns datos rápidos:
-É a máis antiga de Galicia (xa leva 125 de anos, como din eles, "alimentando esperanzas") e a única de España financiada de forma privada.
-Cada día reparten 600 racións e conta con servicio de ducha e lavandería.
-O novo perfil de usuarios hoxe en día son familias, homes que viven sós e xoves desempregados.

Sairá un artigo na nosa revista escolar para non esquecernos e tamén falaremos das outras cousas que fixemos ese día. De momento, neste blog só iso, para non mesturar, xa que o tema ben merece unha reflexión seria.
viernes, 27 de enero de 2012
DÍA DA PAZ
O luns 30 vémonos todos no patio do cole. Haberá bailes, música, desexos e moitas grullas (que enviaremos ao Museo da Paz de Hiroshima) para celebrar o día.
Leremos un texto coa historia de Sadako Sasaki, a nena morta en Hiroshima a causa dos efectos da bomba atómica e o alumnado de 4º A colgará un MANIFESTO POLA PAZ.
E tamén teremos unha xornalista (Lucía, El Ideal Gallego) connosco para contar todo isto.

jueves, 19 de enero de 2012
CHEGARON Á ANTÁRTIDA
Como seguimos o inicio da súa viaxe, contámosvos agora o final:
Ramón Larramendi e os seus compañeiros chegaron o día 1 de xaneiro á Antártida no seu catamarán!!!
Ramón Larramendi e os seus compañeiros chegaron o día 1 de xaneiro á Antártida no seu catamarán!!!
viernes, 6 de enero de 2012
sábado, 31 de diciembre de 2011
Feliz aninovo!
Estamos a piques de rematar o 2011!!! Non esquezades entrar co pé dereito no aninovo!!! ou sexa: levantade o pé esquerdo mentres soan as 12 badaladas!!!
DESEXOS DE PAZ, HARMONÍA, SAÜDE E FELICIDADE para todos-as!
DESEXOS DE PAZ, HARMONÍA, SAÜDE E FELICIDADE para todos-as!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)