miércoles, 29 de junio de 2011

BO VERÁN !


Que teñades TODOS e TODAS (pais, nais, profes e profas, familiares, membros da comunidade escolar e todo o alumnado do CPI Castro Baxoi) un BO BO BO VERÁN!
Ata setembro!!!

miércoles, 22 de junio de 2011

Snif!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Outra vez unhas bágoas... Desta volta vanse os "nosos" pequenos de 4ºA e 4ºB cos que tivemos os "nosos máis e os nosos menos", pero... aos que tamén imos botar de menos, como non!!! Unha xeración máis que nos deixa!
A todos eles, dende este blog:
MOITA, MOITA, MOITA SORTE, corazóns!
E ata sempre porque xa sabedes onde estamos!

lunes, 20 de junio de 2011

Unha hora co NIQAB


Na clase de Ética puxen o niqab durante unha hora. Sénteste atrapada, sen liberdade, incómoda... Non só che cobre case toda a cara, tamén tapa o pescozo e apreixa a cabeza. A visión é moi limitada, ao igual cá respiración que, aínda que chegue, sentes unha especie de agobio.
As actividades cotiás non se realizan ben xa que non se poden empregar os sentidos na súa totalidade xa que o niqab condiciona todo: vista, olfacto, gusto...
No verán supoño que será todo peor: a cor negra, o tecido, axudarán a que todas esas sensacións se multipliquen e se fagan máis insufribles.
É realmente desolador pensar que hai mulleres que o levan constantemente, cada vez que saen á rúa. Eu non podería vivir con el! E pregúntome: sería capaz de acostumarme se a miña cultura me forzase a levalo? Non o sei... pero dende logo dou grazas por vivir onde vivo porque a nosa situación, a situación da muller española, é realmente boa se facemos comparacións!!!
Que contenta estou de ter nacido onde nacín, de vivir onde vivo...

Silvia Blanco.

miércoles, 15 de junio de 2011

DTodo POR FIIIIIIIIIINNNNNNNNNNNNNNNNN!!!

Xa sabedes que as eleccións retrasaron a saída da revista, pero por fiiiiiiiiiinnnnnnnnnnn está lista!

O xoves, 16, comeza a venda da revista escolar. O alumnado de 4º A ESO pasará polas aulas de infantil e primaria. Aos profes e ao alumnado de Secundaria venderánvolas durante os recreos no vestíbulo.

Recordade que o custo é de 1,50 euros.


Ben baratiña, por certo!


Esperamos que vos guste!

sábado, 11 de junio de 2011

DTodo a piques de chegar!

A nosa revista chegará ao cole, se todo vai ben, a próxima semana (este curso xa vedes que é tarde pero... as eleccións ocuparon o traballo nas imprentas!) Así que... ide preparando 1,5 euros. Recordade que os cartiños van, COMA SEMPRE, aos nosos nenos ex soldado que, aínda que parece que os temos algo abandoados, NON É ASÍ.



Poñeremos unha nota polas aulas para recordarvos o día que comezará a venda que, coma sempre tamén, serán os de 4º ESO os que a repartan durante os recreos de Secundaria. Pedimos perdón dende aquí se "molestamos" a alguén nalgún momento pero non hai outro horario mellor para a súa venda.



Esperamos que vos guste!!!

jueves, 9 de junio de 2011

O lugar da lectura

Para celebrar o Día do Libro e o Día das Letras Galegas, os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria traballaron nas aulas o poema co que Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares.

Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.

A proposta de traballo que fixo a Biblioteca foi a seguinte:
Ler e comentar o poema
Crear a partir do poema:
-Infantil: relacionar imaxes e palabras, colorear e debuxar
-Primaria: ler o poema, comentalo, aprendelo e ilustralo
-Secundaria: ler o poema, comentalo e continualo (un verso por alumno, un poema por clase)
Expoñer os traballos
Encadernar os traballos para deixalos na biblioteca

A participación do alumnado foi elevada e as súas creacións preciosas: as ilustracións están cheas de cor e imaxinación e os poemas, de sensibilidade e fermosas imaxes.



Premede AQUÍ para ler os poemas.