miércoles, 13 de abril de 2011

XORNADAS PLAMBE 2011



Os días 7 e 8 de abril celebráronse en Santiago de Compostela as Xornadas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e alí estivo o noso cole, non só como membro integrante deste Plan, senón tamén para contar os proxectos de traballo que fixemos en cursos anteriores con respecto ás Bandas Deseñadas.

Ademais das mesas de experiencias arredor das bandas deseñadas e do cine, asistimos ás seguintes actividades:

Unha conferecia de Teresa Mañá e Mónica Baró, que falaron dun amplo e ben feito proxecto sobre a avaliación das bibliotecas.

Unha reunión das bibliotecas escolares pertencentes ao CEFORE da Coruña, donde intercambiamos impresións.

A conferencia de clausura das Xornadas a cargo de NEIRA VILAS, que foi unha auténtica delicia.



Para ver o que nos vimos, oír o que oímos e dispoñer do todo o material só hai que premer AQUÍ e entrar como CONVIDADO.

BOTADE UNHA OLLADA PORQUE É MOI INTERESANTE.

sábado, 2 de abril de 2011

Unha explicación sinxela sobre como funciona unha central nuclear



A partir do desastre ocorrido en Xapón moitos nos preguntamos que é unha central nuclear e como funciona.

Atopamos esta explicación que, aos que temos "lagoas" científicas, nos vén moi ben para enteirarnos de como vai isto das nucleares:

Na maioría dos casos, para xerar enerxía necesítase un alternador, unha turbina, algo que xira moi rápido e que produce electricidade, pero claro, para mover ese “algo” necesitamos proporcionarlle enerxía... así que hai que ter unha especie de caldeira onde conseguimos temperaturas altísimas e movemos turbinas a unha velocidade enorme que á súa vez moven un alternador.

A enerxía nuclear obtida nunha central nuclear baséase nun fenómeno denominado Fisión. Si realizamos unha fisión dentro dunha caldeira, a agua dentro da caldeira quéntase e así producimos vapor que canalizamos a unhas turbinas que á súa vez se moven e xeran electricidade. Despois ese vapor vai a unha torre de refrixeración onde se enfría e volta a comezar.

Mäis ou menos así é como funciona unha central nuclear de terceira xeración, aínda que actualmente xa se usan as centrais de cuarta xeración, din que máis seguras e eficientes cás antigas.